Martes 17 de Maio de 2005 - 01:21
O BNG considera un éxito a moción do noso Grupo Municipal presentada no pasado Pleno e apoiada por unanimidade da Corporación Municipal, que conseguiu a apertura da preinscrición no ciclo de electrónica do IES Antón Losada Diéguez (aínda que non o mantemento definitivo do ciclo que era o que se pedía) e, asimesmo, estima que é unha clara mostra de que o actual goberno da Xunta actúa con desleixo coa Estrada e só esperta cando a cidadanía e as institucións se unen e fan presión para pedir o que lle corresponde. Aínda así, hai que tomar con moita cautela a noticia confirmada en primeiro lugar a última hora do venres pasado ao IES Losada Diéguez (e non hoxe ao Alcalde como el quixo facer ver), pois, en primeiro lugar, atopámonos en período eleitoral e, portanto, de promesas sen compromisos firmes e, en segundo, porque coa nova medida non se asegura que se vaia manter o ciclo, senón que se abre unha reinscrición para ver o grao de aceptación que este tería, podendo xustificarse posteriormente que non hai demanda se a matrícula non supera determinado número de alumnos/as e, xa que logo, pechándoo definitivamente.
Ás administracións, tanto nacionais como locais, correspóndelle agora axudar a publicitar ao máximo a oferta formativa da Estrada e non manterse nunha actitude pasiva, de desidia cara ao ensino público, coa súa actual política de ilo deixar morrendo e desmantelándoo aos poucos. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |