Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O PSOE non comparte o sentir maioritario dos estradenses   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Luns 06 de Xuño de 2005 - 22:18

O Goberno do PSOE non comparte o sentir maioritario dos Estradenses de que existe sobrevaloración catastral xeraliza e, pola contra, suxire que existe infravaloración, nunha resposta por escrito do Ministerio da Presidencia á deputada do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila.

Nas súas respostas, o goberno central elude explicar os motivos que o levaron a presentar un recurso contencioso administrativo, e non se mostra disposto a retiralo –tal e como solicitou por unanimidade a Corporación Municipal da Estrada— nen se pronuncia sobre a suba do 60% no recibo do IBI nun ano.

Todas as respostas resultan evasivas, e reafirman a conformidade do executivo socialista coa actuación da Xerencia Territorial do Catastro durante estes últimos 9 anos e subliñan a “bondade” da actual Ponencia de Valores.

Para o BNG, aínda por esperadas, resultan decepcionantes as respostas do goberno socialista, as cales mostran unha perfecta sintonía co comportamento que o anterior goberno do PP tivera co tema, e coinciden coa sintonía entre o PP e o PSOE a nivel local.

A falta de alternativas, a negativa a negociar o conflito ou a provocación de suxerir que no canto de sobrevaloración existe infravaloración dos valores catastrais da vila da Estrada, transloce, alén dunha falta de compromiso –dun goberno que se di progresista— cun aspecto de carácter tan social como este, un total descoñecemento da realidade e os problemas da Estrada.

As respostas están moi en consonancia coa negativa do PSOE e do PP de transferir ás Comunidade Autónomas a xestión do Catastro e responden á concepción centralista que ambos partidos teñen do Estado.

Tras estas respostas, o BNG considera que se tramite urxentemente o acordo da Comisión Mixta de contratar un estudo previo a unha nova Ponencia de valores, tramitación que o Alcalde da Estrada ten paralizada.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal