Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A comida oficial da Festa do Salmón custou 5.700 euros   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Malo Bo
Sábado 11 de Xuño de 2005 - 16:15

Durante a Feta do Salmón o Concello da Estrada organizou unha comida “oficial” para 114 persoas, que nos custou a tod@s @s estrandense 5.700 euros, polo que o Servizo de Intervención municipal informou negativamente a factura por non estaren os gastos debidamente xustificados e superar o límite estabelecido.

foto_gonzalo3.jpg

Á vista do informe de Intervención, o grupo municipal nacionalista solicita por escrito a xustificación do gasto e a listaxe nominal de comensais, xa que, como é habitual o PP convidou a todos os seus alcaldes de barrios e outra xente afín ao partido. O BNG tamén considera que estes gastos innecesarios son unha mostra máis da política de despilfarro e da utilización partidista e caciquil dos cartos públicos que fai o PP.

Por todo isto, o porta-voz municipal e Candidato ao Parlamento Galego, Gonzalo Constenla afirma que “O Concello o que ten que facer é crear riqueza, realizar investimentos e apoiar os sectores produtivos, industriais e comerciais, non derrochar cartos públicos en gastos superfluos e inxustificados que, a maiores, supoñen unha burla aos contribuíntes”.

A Estrada, 10-05-05. As actas da Xunta Local de Goberno do 30 de maio de 2005 no seu punto 11º, recollen un informe de Intervención sobre a factura 2107 por montante de 5.700 euros correspondente a 114 comidas no xantar oficial da festa do salmón 2005. En dito informe sinálase que ditos gastos se encontran sometidos ao labor de control do Pleno da Corporación Municipal “nembargantes, para levar a cabo este control de oportunidade é preciso que quenes vaian efectualo dispoñan de tódolos elementos de xuicio necesarios para elo, é dicir, para deslindar cando nos encontramos cun gasto de representación que pode redundar en beneficio da comunidade de cando nos encontramos ante un gasto particular”.

A continuación, a interventora municipal sinala que, consonte aos criterios estabelecidos polo Tribunal de Contas do Estado, coa factura se debería achegar “unha xustificación adicional, co obxecto de verificar se estes gastos se realizan efectivamente con fins protocolarios e representativos. Neste caso non se aporta a relación de comensales, polo que se incumple os criterios establecidos polo Tribunal de contas en relación a este tipo de gastos”.

Por outra banda, o informe de intervención recomenda “estabelecer unha limitación cuantitativa a este tipo de gastos [...] Isto suporía un menor marxen de discrecionalidade na realización dos gastos e facilitaría a labor de control tanto por parte da Intervención municipal como por parte dos membros da Corporación” .

Outrosí, dise que “O gasto non foi obxecto de previa autorización, pese a superar o límite establecido nas BEO [Bases de Execución do Orzamento] de 3.00 euros”.

Por último, informase negativamente o gasto “toda vez que supera o limite establecido para gastos sen previa autorización e por non incorporar a xustificación adicional que, ademais da factura, establece para os gastos de representación o informe emitido polo Tribunal de Contas”.

A pesar do informe de reparo por parte de Intervención, a Xunta Local de Goberno acordou por unanimidade aprobar a factura e proceder ao seu pagamento.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal