Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A listaxe do xantar   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Malo Bo
Martes 28 de Xuño de 2005 - 23:31

convidados_p1.jpgO PP presenta ao BNG unha listaxe de convidados ao xantar oficial da Festa do Salmón chea de irregularidades e de imprecisións en non xustifican en absoluto o gasto, que se elevou a 5.700 euros. Entre os convidados aprecen unha morea de cargos electos do PP (Alcaldes como o de Barrro, Modariz, Covelo, Valga... ou mesmo Concelleiros/as como os de Redondela). Tamén aparecen “azafatas” ou “chóferes” ou “persoal de seguridade”, o que leva a pensar ao BNG que estas xeralidades esconden o convite a outros persoeiros cercanos ao PP, cuxa asitencia ao xantar é difícilmente xustificábel e arbitraria, que responde única e exclusivamente aos intereses do Partido Popular da Estrada, e non aos dos viciños e viciñas do noso Concello.

O BNG solicita que se nos entregue urxentemente unha xustificación adicional dos gastos xunto cunha listaxe nominal completa dos comensais, é dicer, nome e apelidos das 114 persoas que asistiron ao xantar, debidamente selada e asinada, que demostre que o convite responde a un gasto de representación que poida redundar no beneficio da comunidade e non responde a un gasto particular.

A listaxe de convidados e convidadas ao xantar oficial da Festa do Salmou, que presentou o PP, logo de mes e medio de demora, e excedendo os límites legais establecidos para a contestación ao requeirmento da oposición, cuxa unha das obrigas é a fiscalización do traballo do grupo de goberno, apresenta ao BNG unha listaxe chea de erros e irregularidades, de acordo coa lexislación vixente citada polo Informe de Intervención, que considerou inxustificado e excede o límite máximo permitido, que é de 3.000 euros.

Para empezar esta listaxe non está asinada nin leva rexistro de saída, polo que carece de toda validez legal. A relación de comensais é so parcialmente nominal (con indicación de cargo ou función) en 77 comensais, deixándose o resto en grupos non nominais como “prensa”, “azafatas”, “chóferes e persoal de seguridade”, etc. Así pois, ca listaxe non aparecen computadas nominalmente as 114 persoas convidadas que figuran na factura impugnada pola Interventora Municipal e aprobada pola Xunta Local de Goberno.

Ademais mon se xustifica en ningún momento a oportunidade e discrecionalidade dos convites, sobre todo no referido a presenza de alcaldes (Forcarei e sra., Padrón e sra., Valga e sra., Vila de Cruces e sra., Cerdedo, Lalín, Covelo, Barro, Mondariz, etc.) Cal foi o criterio de convidar a uns alcaldes e non a todos os posíbeis? Por que se convida á Sra. Concelleira de Redondela e acompañante e non ao Alcalde ou tenente alcalde? Cal é a razón de que os alcaldes convidados e presentes sexan do PP?. Cal é o criterio de que se convidara a dous funcionarios municipais? E as azafatas? E aos choferes e persoal de seguridade?. Non se está intentando disfrazar a presenza non nominal de colectivos doutros convites tampouco xustificábeis?. Que razóns de beneficio para a comunidade teñen estes convites? Non se trata máis ben dun beneficio particular e partidista?. Por que o Concello se fai cargo da comida dunha festa organizada por unha entidade non oficial como é o CIT, máxime cando esta representa unha cantidade desorbitada de gasto? Por que o Concello non dedica estes cartos á maior promoción da hostalaría e o comercio estradense, o canto de desbaldir os cartos públicos en dubidoso beneficio público?.

Por todo isto, O BNG, logo de mes e medio de solicitarlle ao grupo de goberno do PP a listaxe nominal de convidados e convidadas ao xantar oficial da Festa do Salmón, que xustifique o gasto, que se eleva a 5.700 euros, con informes en contra do servizo de intervención por falta de xustificación e exceso da cantidade máxima (3.000 euros), solicita, logo de serlle entregado a citada listaxe que consonte os criterios estabelecidos polo Tribunal de Contas do Estado publicado no BOE de data de 4 de marzo de 1997, se nos entregue URXENTEMENTE unha xustificación adicional dos gastos xunto cunha listaxe nominal completa dos comensais, debidamente selada e asinada, que demostre que o convite responde a un gasto de representación que poida redundar no beneficio da comunidade e non responde a un gasto particular. Ademais o BNG solicita que se xustifique por que se realizou o gasto sen previa autorización, pese a superar o límite estabelecido (3.000 euros).

Comentarios
Vaia
Escrito por Visitante en 2006-11-23 16:45:25
E logo esperevades outra cousa tivemos sorte de que non foran doce ou trece mil euros ou que non se lle dera ao alcalde por salir cun coche novo, como gastos de representacion........ :x :upset :upset

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal