Xoves 25 de Agosto de 2005 - 09:27
Para o BNG resulta obvio que na anunciada videoconferencia de Richard Stallman non fallaron os protocolos de comunicacións, senón A Estrada Dixital.
Para o BNG, A Estrada Dixital debería priorizar a formación nas novas tecnoloxías utilizando software libre, no canto do software propietario.
O PP rexeita, na reunión ordinaria da Fundación Cultural do 24 de Agosto, unha moción do BNG referente á instalación de software libre, noeadamente, Línux, nos 15 centros rurais dispersos polo noso Concello. Tamén rexeitou priorizar este tipo de aplicacións nos cursos de formación que se están impartindo na Estrada, e que pretenden achegar as novas tecnoloxías a persoas que nunca tiveron contacto con estas ferramentas informáticas.
O BNG entende que o software libre, polo seu baixo custe ou mesmo pola súa gratuidade, favorece dalgún xeito que o acceso ás novas tecnoloxías sexa máis asequíbel para os nosos veciños e veciñas; hai que ter en conta que os planos de formación que se impartiron, e se imparten, na Estrada ensinan case en exclusiva productos Microsoft, xerando nos veciños e viciñas que asisten a estes cursos unha dependencia destes programas que resulta levisa para os seus petos, podendo utilizar outras aplicacións máis asequibeis. Ademais das súas vantaxes económicas, o Software libre é máis seguro, máis fiábel; o código fonte é público, permite modificalo, adaptándoo ás necesidades de cada quen, o que favorece o desenvolvemento endóxeno de industrias a nível local ligadas ás novas tecnoloxías. Permite a libre execución, a copia, a distribución gratuíta, isto é, que os usuarios e usuarias deste tipo de aplicacións poden copiar sen ningún tipo de restricións ás aplicacións con este tipo de licenzas, o que sería unha das vacinas máis axeitadas para combater a piratería.
O BNG tamén se interesou pola fallida vídeoconferencia de Richard Stallman, máximo defensor do software libre a nível mundial, organizada por A Estrada Dixital no foro Dixitalia celebrado aló polo mes de abril. A contestación dada polos responsabeis de A Estrada Dixital foi a incompatibilidade dos protocolos dos sistemas que utilizaba a organización e os que utilizaba o Sr. Stallman, é dicer, A Estrada Dixital usaba Messenger (programa de mensaxería instantánea de Microsoft) e Richar Stallman non usaba este programa propietario.
 A explicación dada ao noso respresentante na Fundación Cultural resulta sorprendente pola incompetencia á hora de organizar unha vídeoconferencia sen ter en conta os sistemas que utilizarían ambas partes, cando cae polo seu propio peso, que o máximo expoñente do software libre a nivel mundial non utilizaría un programa propietario para facer unha videoconferencia.
Á vista dos feitos, o BNG entende que A Estrada Dixital está máis interesada en utilizar o software libre como propaganda, que en darlle un impulso real no noso Concello.
Para rematar, o BNG pensa que os cursos de formación que está impartido A Estrada Dixital, ainda que necesarios, son excesivamente curtos (de 16 hora como máximo). O BNG entende que os cursos deberían ser de como mínimo 30 ou 40 horas cada módulo, para que os viciños e viciñas poidan asimilar e familiarizarse cunhas ferramentas e cunhas aplicacións, que en moitos casos é a primeira vez que teñen contacto con elas. |
correciones Escrito por Visitante en 2005-11-18 14:59:29 Hace tiempo que leí este mensaje, pero no me había acordado de hacer unas correcciones que me parecen interesantes. 1. La KutruP@rty no está organizada por OMIX y AUSLAE a "partes iguales" como se ha dicho (no voy a entrar en polémica aquí porque no es el sitio, ni tendría sentido) 2. Los 5.500 euros que A Estrada Dixital ha aportado a este evento, los gestiona la Asociación para cumplir unos objetivos marcados en un convenio, pero los costes que supone la página web (al igual que la web de la asociación) están siendo pagados con dinero de un particular (el menda que suscribe), por lo tanto incluso podría ser decisión personal. Pero aunque fuera pagado por A Estrada Dixital con esa aportación (que no es así) no veo la necesidad de poner una página web que tiene que ser accesible a toda España, en gallego (lo que a su vez lleva tiempo que, sinceramente, no tengo). Pero bueno, que yo respeto esa opinión, que no parezca esto algo inquisitorio Por lo demás, ninguna objeción. Pero informarse y contrastar opiniones antes de decir las cosas "en publico" no está de más. | Escrito por Visitante en 2005-11-12 23:01:04 Menos Ruralcentros e mais subvencions de equipos domesticos. Pasamos da cultura de teleclub do ano de mariacastanha a que se pudran uns equipos na casa de ninguen, que subvencionen equipos en condicions e que cada un faga con eles o que queira | Contestación á mensaxe Escrito por Visitante en 2005-11-07 14:25:19 1º A Video-Conferencia de Richard Stallman: sinto contradecirche, pero segundo Carlos Andújar Mato, Xerente de A Estrada Dixital, o programa que utilizaron foi o Messenger de Microsoft; polo tanto non é invención do BNG, foi o que dixo o Xerente na reunión da Fundación do mes de agosto. 2º AUSLAE - Kutruparty: é FALSO que o BNG dixera que AUSLAE se estea a enriquecer co evento, cuestión que se poderá demostrar ao seu debido tempo coa acta da reunión da Fundación Cultural do día 2 de novembro. Entendemos que a información que che deron é sesgada e malintencionada, porque o único que o BNG destacou en esa reunión foi, primeiro, que a Kutruparty para ser un evento, que organiza a partes iguais AUSLAE e a OMIX (Oficina Municial de Información Xuvenil) e para recibir un subvención de A Estrada dixital de 5.500 euros, deberían utilizar o galego na súa páxina web (www.kutruparty.net); e segundo, fixemos fincapé na necesidade de ampliar e mellorar no posible os contidos da Kutruparty no futuro, xa que iso facilitaría que houbese máis persoas que se achegara a este evento importante para A Estrada e que xa vai pola súa 3ª edición. Isto é o que dixo o representante do BNG na reunión da Fundación, NADA MÁIS NIN NADA MENOS. Un saúdo. Xosé Manuel Baños Membro da Fundación Cultural A Estrada P.D.: eu utilizo Línux Ubuntu 5.10, teño un escáner, tarxeta sintonizadora de TV, Pendrive, Cámara dixital, webcam, módem,... e funciona absolutamente todo sen facer ningún tipo de compilación, e non són ningún experto en informática. Ainda que non todas as distribucións son iguais, só podo falar da miña experiencia. E no que concordo contigo é que para línux hai moi poucos xogos dos que se din "punteiros", e, ainque se están dando pasos importantes neste eido, ainda queda moito. | Que cona estades a dicir? Escrito por Visitante en 2005-11-06 16:15:48 A videoconferencia utilizada non foi con messenger nin con ningun tipo de software de mensaxería instantanea, se non cun aparato de videoconferencia que xa trae o seu propio software. Non usa messenger nin patochadas desas. Ademáis hai moitas aplicacións de software libre compatible co "protocolo" do messenger. E logo, tedes uns collóns coma pelotas de baloncesto o decir que solo se aposta por o software propietario (os ruralcentros teñen openoffice). Pero sí, tedes razón, ten windows de merda. O Sistema Operativo Línux, non é un S.O. doado para que a xente comece as suas andainas polo mundo dos ordenadores, é moito máis barato (gratuíto en moitas distribucións), máis fiable, e máis seguro. A seguridade as veces non solo é cousa do sistema operativo, se non do usuario, e claro que sí, os cursillos estan para ensinarlle á xente a utilizar un ordenador, pero asegurovos, que non ían chegar cursillos de 40 horas para ensinar a utilizar un linux. Porque diredes, hai distribucións moi doadas de utilizar (que graciosamente son as máis inestables e son tan merdentas como un windows xP). E logo está o peor do software linux. Os controladores do hardware. A maioría dos fabricantes de hardware non fai controladores para os S.O. Línux, e tes duas opcions, ou buscar uns parecidos e sudala gota gorda para instalalos (moitas veces o único que fas e pasar horas para configurar tal dispositivo para que cando todo parece que vai a ir ben, descubres que todo foi un malgasto de tempo porque non vai), a outra opción, é a de simplemente non meterlle o controlador (controlador = driver por se non o sabedes) e non usar ese dispositivo hardware. Ah e despois tamén podemos falar de que os xogos punteiros do mercado (a inmensa maioría claro) non son compatibles con linux (os xogos, ainda que moitos diredes, para xogar que merque unha videoconsola, son unha das razóns máis comuns para mercar un ordenador). Pero iso sí, no que podería ter razón esta noticia (algo "sensacionalista" por certo), é que se houbese cursos para xente con coñecementos avanzados, deberían darse en linux, e que ademáis, debería haber a opción de escoller un S.O, nos ruralcentros. De todos modos, como un votante fiel, rogaríavos que nas próximas noticias de este tipo, investigarades un pouquiño máis. P.D-> Acabo de descubrir que o BNG de A Estrada, acusou a AUSLAE (organización da kutruparty), de enriquecerse co evento. Iso é totalmente falso e se investigárades un pouco descubriríades que é totalmente o contrario. (Xa parecedes a revista interviú cando inventouse a nómina de Buenafuente). Un pouquiño de sensatez, gracias. | Escrito por Visitante en 2005-09-27 14:29:58 Lo que es increíble es que no se predique con el ejemplo. Porqué no se ha hecho un estudio para la migración del puesto de trabajo de los funcionarios del Ayuntamiento. Algo como sustituir Office por OpenOffice es algo relativamente sencillo y es un primer paso. Me da la sensación que los que gobiernan no saben por donde andan y los de la oposición tampoco. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |