Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG urxe a aprobación do PXOM   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Malo Bo
Sábado 10 de Setembro de 2005 - 16:44

O BNG da Estrada comparte a preocupación dos sectores sociais da Estrada que urxen a aprobación do PXOM e coincide con eles en que o Pleno da Corporación Municipal da Estrada ten que proceder á súa aprobación urxentemente, atendendo ao interese xeral e sen pasar por riba dos lexítimos direitos dos cidadáns.

Para o BNG, o longo proceso no que o PP non só non conseguiu, senón retrasou por varias ocasións, conscientemente –baixo o noso entender por motivos relacionados coas tramas de especulación urbanística— a aprobación do mesmo, explica ben a situación actual:

  • O feito de estar 15 anos retardando a súa aprobación é xa un dato elocuente, que fala por si mesmo.
  • Cando o Pleno da Corporación Municipal xa tiña aprobado inicialmente un Plano Xeral, o PP, coa insistencia do Alcalde, revogou o acordo e “tumbou” o mesmo. Hai que lembrar que o BNG votou en contra daquela revogación porque, alén de non nos parecer legal, pensabamos que era mellor seguir adiante –aínda que fose un documento malo que non contara coa nosa aprobación—, tiñamos a posibilidade de retocalo e melloralo no período que restaba até a súa aprobación definitiva.
  • O PP, xa coa competencia de Urbanismo en mans de José Manuel Reboredo, foi o artífice de que, tendo en conta que había un prazos marcados para que a nova empresa adxudicataria entregase os traballos, se rebasaen con moito ditos prazos negándose a pedirlle responsabilidades á mesma.
  • Cando parte dos traballos estaban feitos, o PP optou por paralizar a tramitación, coa excusa de que axiña entraría unha nova Lei do Solo. Naquel momento, tamén o BNG se opuxo á paralización, por entender que suporía un novo retraso, cos conseguintes prexuízos para o interese social e veciñal. O PP teimudamente se opuxo, alegando a entrada en vigo da nova Lei, cando esta, precisamente, previa un mecanismo para que os Planos en fase de elaboración seguisen adiante e, máis tarde, se puidesen adaptar a ela. Aquí, de novo, perdimos un precioso tempo. As consecuencias foron que se tivo que comezar de novo, e, outravolta, se tiveron que pór máis cartos enriba da mesa. Un verdadeiro desbaldimento de recursos económicos públicos que saen dos petos dos cidadáns.
  • Mesmo agora, cando parecía que no mes de agosto poderían quedar resoltas todas as alegacións, o pasado día 12, o concelleiro de Urbanismo volve a provocar un freazo no proceso, co pretexto de consultar coa Xunta un aspecto (o do caso dos SUNC) que pode ser tan discutíbel como calquera outro (a expansión dos nucleos rurais, poñamos por caso). É que lle imos ter que estar preguntando á Consellaría se cada paso que damos é correcto?, Evidentemente, isto non corresponde a esta fase. Agora o que cómpre e resolver XA todas as alegacións, que cada quen vote atendendo aos seus criterios e aos dos informes técnicos, levar a aprobación ao Pleno e remitir o documento á Xunta. Cando chegue o informe da Xunta, xa se farán os cambios obrigados que eles decreten.
  • Pero é que mesmo na última Comisión celebrada este mes, o propio concelleiro de Urbanismo puxo enriba da mesa unha proposta, que o BNG non avalou, de pedir un informe externo. Con que intención? Coa de enlear de novo a madeixa? Coa de pór en contradición o único informe válido, desde o punto de vista xurídico, do que dispomos, o do Técnico Superior de Administración Xeral adscrito á Oficina de Urbanismo?.

É, pois, evidente, que se alguén estivo e está paralizando a aprobación do PXOM e o grupo de goberno do PP, tanto o antigo responsábel de Urbanismo como o actual, xunto co Alcalde.

Tocante ao tema dos SUNCs, o BNG entende que se debe seguir o criterio do único informe xurídico oficial ao que antes aludiamos. Máxime cando houbo un compromiso do PP cos afectados de que se entregaban os predios terían edificabilidade. Evidentemente, o acordo foi unha chapuza ás que nos ten afeitos o Alcalde e mais o PP pero, tal e como tamén se recolle no informe aludido, as Administracións Locais e Autonómicas son, non só cómplices, senón autoras materiais dunhas urbanizacións e dotacións de servizos ilegais, fóra da normativa urbanística que converteron de facto un terreos non consolidados en consolidados. O mesmo informe se encarga de recordar que estas actuacións, aínda que irregulares, xeraron uns beneficios locais e xerais, isto é, repercutiron grandemente no interese xeral, como calquera veciño pode comprobar. Fronte a estes feitos, o PP e o Alcalde caen de novo na descalificación –que indica falla de argumentos—, empregando uns ben falaces: “son os ricos”, primeiro porque non se pode decir que o sr. Alcalde sexa precisamente un pobre, segundo porque todos os cidadáns son iguais perante a Lei, independentemente das súas posibilidade económicas e terceiro porque noutros casos ten insultado a outros colectivos como “vellos” ou “mortos de fame”. Simplemente lamentábel.

Con todo, débese ter en conta que nestes momentos estase, intencionadamente, introducindo unha falacia entre a opinión pública, cal é que estas alegacións están paralizando a aprobación do PXOM, cando precisamente quen o está a facer e quen as quere reter sen debatelas e tramitalas.

De novo, desde o BNG reiteramos que a Comisión de Urbanismo ten que dictaminalas urxentemene (estas e as que faltan, entre elas as presentadas polo noso Grupo Municipal), cada quen votar en conciencia e o PXOM ten que aprobarse neste mes. A pelota non está no tellado dos veciños, como nos pretentende facer ver. Está na do PP que segue dándolle voltas á noria, enredando como sempre fixo e demostrando que son incapaces de solucionar o problema. E se non o fixeron en 15 anos, a palabra máis acaída, á marxe das consideracións de tipo especulativo que sempre estiveron presentes, é a de incompetentes a soldo.


imaxe
imaxe
lupa

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Boletín
boletindecembro2009.jpg
Descarga o boletín de decembro 2009

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal