|
A depuradora de Aguións non depura
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Sábado 10 de Setembro de 2005 - 16:52
O BNG, por medio de Xan Carlos Castro, Concelleiro, e Xosé Magariños, Responsábel Local, denunciaron que a depuradora de Aguións, de recente inauguración e que sustitúe ás anteriores depuradoras máis pequneas, verte directamente ao río Liñares augas dunha cor anormal para unha auga que pasou un proceso de depuración.
Ademais, durante o seguiemento que lle fixo o BNG a esta depuradora detectaron unha presenza excesiva de carga orgánica e doutros refugallos, polo que se deduce que a o funcionamento desta depuradora non se axusta ás necesidades do noso Concello, ben sexa por un fallo non seu funcionamento ou ben por non axustarse o deseño da mesma ao volume de auga que debe tratar.
Polo que o BNG solicitará no vindeiro Pleno da corporación, que o Concello revise o funcionamento desta estación depuradora ou os cálculos de deseño da mesma, e esixa á empresa constructura a súa revisión ao estar a depuradora ainda en garantía de construción. |
augas fecais Escrito por Visitante en 2005-10-02 00:34:42 Isto que comentades ocorre por parte da desidia que hai neste concello polo medio ambiente.¡Todo lles dá igual! Esta depuradora non funciona, e na maior parte do concello ¿ata cando temos que esperar para que fagan recollida de augas fecais? É incríble que no século XXI cada quen verta as augas das súas casas por onde lle cadra. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |