Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Goberno Municipal contratou sen convocatória pública   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Domingo 15 de Xullo de 2001 - 00:00

A Comisión de Governo do día 18 de Xuño de 2001, e fora da orde do día, decidiu contratar directamente e sen convocatória pública a un sobriño directo do Sr. Alcalde para realizar labores de xardinería durante un mes pola cantidade de 230.000 pts brutas, polo que o BNG apresentou Recurso, apresentado o 14 de Xullo de 2001, solicitando a anulación desta decisión de acordo cos seguintes argumentos:

  • Ao proceder á contratación directa vulneraron-se gravemente todos os princípios e procedementos do acceso ao traballo ao servizo da administración pública: igualdade, mérito, capacidade e publicidade e, por tanto, infrinxiu-se a Constitución española (1978), a Lei 30/84 da Función Pública de Galiza, o Decreto 93/91 do Regulamento de Provisión de Postos de Traballos, Profesional e Promoción Interna, a Lei 75/85 Reguladora das Bases do Réxime Local, a Lei 5/97 da Adminsitración Local de Galiza e o próprio Convénio Coletivo do Persoal ao servizo do Concello da Estrada.

  • O marco normativo vixente só permite unha excepción para realizar contratacións directas de persoal sen prévia publicidade e convocatória de concurso ou concurso-oposición e esta sería para contratación urxente de persoal non permanente, sempre e cando a contratación non supere os 15 días (Real Decreto 22223/84 sobre contratación de persoal non permanente), condición que non se cumpre neste caso.

  • O acordo tomou-se por unanimidade pese as adverténcias do Secretário de que era preceptiva a convocatória pública, segundo se recolle nas Actas de dita Comisión de Governo.

  • O Sr. Alcalde, pese a ser tio primeiro do contratatado, non se abstivo no procedemento, vulnerando asi o artigo 28 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Comun (LRXAPPC) que reza: "As autoridades e o persoal ao servizo das Administracións en quen se dean algunhas das circunstáncias sinaladas no número seguinte deste artigo [entre elas a do ponto 2.b que di: "Ter parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao"] absterán-se de intervir no procedemento.

  • O devandito acordo de contratación é nulo de pleno direito de acordo co artigo 62 da LRXAPPAC que así o dispón, no seu apartado e) "os dictados prescindindo total ou absolutamente do procedemento legalmente establecido..." e ponto 2.: "Tamén serán nulas de pleno dereito as disposicións administrativas que vulneren a Constitución, as leis ou outras disposicións administrativas de rango superior..."

imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal