Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Ano 2006: o ano dos Mártires da Estrada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Luns 09 de Xaneiro de 2006 - 10:21

O Concello da Estrada ven declarando cada ano, dende hai varios anos o Ano Cultural, dedicándollelo a persoeiros, colectivos ou feitos do mundo cultural estradense. Entendemos que a Cultura é indisociable da Memoria, e A Estrada ten sen dúbida unha enorme débeda coa Memoria histórica local, polo que solicitamos que o ano 2006 sexa o Ano dos Mártires da Estrada.

alcalde e concelleiros cos nenos da escola de guimarei
O Alcalde, Jesús Puente Fontanese os Concelleiros da Corporación cos nenos da escola de Guimarei

No marco do 70 aniversario da sublevación militar que desencadeou en Galiza a máis brutal represión da súa historia, coa execución e encadeamento de milleiros de persoas e a fuxida cara un longo exilio dos cidadáns contrarios ao réxime militar; está a lembrarse en toda a nosa xeografía ás vítimas inxustamente silenciadas e ocultadas durante máis de 30 anos de réxime democrático. Neste sentido a Xunta de Galiza ven de declarar oficialmente o 2006 como Ano da Memoria.

As vítimas do noso concello aínda hoxe seguen sen ser lembradas, como se fora un castigo póstumo a maiores da súa execución. Non ten sentido homenaxear a ninguén máis mentres non se lle renda tributo aos estradenses que máis deron pola Estrada: a súa vida. E xa non se pode consentir por máis tempo que se lles siga a agraviar cada ano relegándoos de xeito degradante.

Non pode escusarse máis que unha Corporación Municipal non lembre a un dos seus Rexedores, Jesús Ignacio Puente Fontanes; que foi fusilado o 5 de xuño de 1937, logo dun xuízo sumarísimo sen posibilidade de defensa e incumprindo a legalidade vixente. O mesmo que o Tenente Alcalde Ramón Fernández Rico. Xunto con outros membros da corporación como o tamén Concelleiro José Rodríguez Sangiao, o ferreiro de Guimarei ou Candido Tafalla Froiz. Outros moitos como José Figueiras Cabaleiro foi buscado na súa casa de Paradela, e nunca máis se volveu saber del.

Manuel Puente Porto, José María Pena López, Manuel Vázquez Cruz, José Gómez Rivas, Higinio Carracedo Ruzo, José Vidal Puga, Manuel Nogueira González, Manuel Graciano Araujo, os irmáns Erundino e Olegario Ventín Picallo, e tantos outros que non cometeran outro delito ca ter unha ideoloxía diferente á triunfante, foron inmolados naquel momento e aos culpables non imos ser nós quen os lembre.

Non quixeramos ter que lamentar, para vergoña da nosa vila, que pasará outro ano máis sen acordarse da traxedia que sufriron os nosos veciños.

Mesmo desde unha perspectiva estritamente cultural, non se pode ignorar por máis tempo a escritores estradenses coma José Cortés Fernández e Bernardo Mato Castro tamén asasinados nesas infaustas datas.

Por iso, para corrixir este desleixo, atendendo a última vontade das vítimas que era a de ser recordados, tal como sinala o Tenente Alcalde na emotiva carta dirixida a esta Corporación e que xa é de coñecemento público, o Grupo Municipal do BNG, propón ao Pleno que o Ano 2006 sexa dedicado aos MÁRTIRES DA ESTRADA.

Comentarios
comparto totalmente este ultimo comentar
Escrito por Visitante en 2006-02-23 18:40:24
Tamos cheos de tanto martir. O PP son caciques e cerrados, o PSOE non sabe nin por onde anda, e vos en vez de falar rebuznades. Sodes todos iguais. Eu penso que facelo peor e dificil. Gustariame estar nas vosas cabezas, ¿igual pensades que o facedes de puta madre?, co facil que seria sacar de ahi ó PP. aiiiiii¡¡¡¡ que ruina. :upset
MARTIRES 2006
Escrito por Visitante en 2006-01-28 20:19:17
mARTIRES SOMOS TODOS LOS QUE TENEMOS QUE AGUANTAR A GENTE INCOMPETENTE QUE NOS GOBIERNA EN LA ACTUALIDAD (PP)... PERO A LOS MAS INCOMPETENTES QUE ESTAN EN LA OPOSICION (LEASE PSOE-BNG), CON CONCEJALES INEXPERTOS, RESABIDOS Y MAL FORMADOS (P.EJ. LOS LOPEZ (VILARIÑO Y LA JOVEN NOA LOPEZ) QUE SIENTAN CATEDRA CADA VEZ Q ABREN LA BOCA.... DEJEN DE MARTIRIZARNOS Y HAGAN ALGO PRODUCTIVO

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal