Sábado 04 de Febreiro de 2006 - 15:15
Mentres se reparten por todo o Estado 15.000 exemplares da distribución línux Daestradix, A Estrada Dixital usa software privativo nos rurais centros, nos planos de formación e no portal municipal
O BNG agradece que A Estrada Dixital tivera en conta as súas iniciativas de
promover o software libre, e ademais agradecemos que lle dera un enfoque
educativo, que consideramos piar básico para que os nenos e nenas do noso
Concello coñezan dende moi pequenos este tipo de ferramentas.
Mais, o BNG considera que A Estrada Dixital está a facer un uso interesado do software libre, porque en reiteradas ocasións, concretamente na reunión do 24 de agosto de 2005, o PP, que ten maioría na Fundación Cultural A Estrada, rexeitou sendas propostas do BNG que pretendían, por unha parte, que nos Plans de Formación que leva a cabo A Estrada Dixital se utilizara software libre; tamén na mesma moción solictabamos que nos Rural Centros se instalaran distribucións línux para que os viciños e viciñas do noso
Concello se familiarizaran co este tipo de software. Iso sen ter en conta, que o PP rexeitou ofertas que utilizaban este tipo de software para a elaboración do portal municipal. Entendemos que ambos os dous planos, formación e familiarización, pero sobre
todo a primeira, deben ser unha prioridade no fomento e difusión do software libre no noso Concello, polo que non podemos deixar de criticar que A Estrada Dixital saque unha distribución línux sen ter estes dous aspectos en conta.
Por outra banda, o BNG tampouco entende a difusión “masiva” que se lle pretende dar a esta distribución línux -15,000 exemplares, que se distribuirán por todo Estado, segundo informacións saídas na prensa-, xa que iso sobrepasa o ámbito de actuación que se atribúe a propia Fundación Cultural A Estrada e por suposto A Estrada Dixital, o que responde, e así o entendemos e reiteramos, a un lavado de cara, a uso propagandístico do software libre, que agora queren trasladar ao resto do Estado, mentras no noso Concello, o portal municipal, os rurais centros e os planos de formación SÓ se comtempla o software privativo. |
Se a información fose merda Escrito por Visitante en 2006-06-06 17:27:31 Que hispalinux non participou? Por suposto...costaba unha chea de cartos a súa axuda "free" Softwaré algo público...Software libre? queres decir "gratis" porque é o que se entende lendo os comentarios. En Galiza non hai cultura de software libre en ningures ¿a qen carallo se lle ensina a modifica-lo código eiqui?Supoño que non se refirirá a xente a esa piltrafa de openoffice en galego -en galego, é para partirse a cona de risa!. Deixade de facer o hipócrita ecolaborarade ainda que sexa facendo traduccióins das axudas, homes! | Escrito por Visitante en 2006-02-08 15:18:16 Si es que no se trata de lanzar una distribución, eso es algo que se prepara en dos tardes, a día de hoy. Lo verdaderamente importante es: ¿Se va a crear un repositorio de paquetes para actualizaciones? ¿Va a existir una web de soporte, dónde la comunidad tenga acceso para poder dar continuidad a la iniciativa? ¿Manual? ¿Traducciones? ¿El concello va a adaptar la distribución como sistema de escritorio para los puestos de trabajo de los funcionarios? ¿El resto de iniciativas de la ciudad digital va a usar software libre? ¿Está previsto un roadmap y unos objetivos a conseguir con la distribución? ¿Aporta algo que no me aporte Ubuntu ó Guadalinex? ¿Se ha mejorado algún paquete de los que componen la distribución? ¿Se ha desarrollado [B]liberado[/B] algo? Cómo la mayoría de las respuestas es NO, me pregunto ¿para que coño estamos tirando dinero público en semejante engendro?
| Aplaudiriamos as cousas ben feitas Escrito por Visitante en 2006-02-05 21:15:16 Se a estrada dixital usara prioritariamente Software Libre nos seus ordenadores e dera formación sobre este tipo de aplicativos. Seguro que recibía o apoio de mais xente. Facer unha campaña de propaganda na que fai uso do S. L. non me parece suficiente, incluso ata diría que é contraproducente. | Escrito por Visitante en 2006-02-05 11:30:17 Tendo razón nalgunhas cousas, o mellor de todo é a participación dun centro privado de ensino na elaboración da distribución, sen que se contase coa participación dos grupos de usuarios de Galiza, ni coa coordinación de Hispalinux. Fagamos mais distribucións, repitamos traballos e esforzos que no aportan ningún valor, eso si, con cartos públicos. Estos da cidade dixital, no teñen nin vergoña nin o suficiente nivel intelectual. Non hai mais que ver cal é o perfil dos técnicos da iniciativa, tan pagados de eles mesmos que son incapaces de escoitar, nin de ler outras iniciativas para tratar de aprender e mellorar | Non vos vale nada Escrito por Visitante en 2006-02-04 20:00:55 Arre carallo non vos vale nada, nin unha cousa nin outra. Esta visto que faga o que se faga sempre tendes algo que dicir. , Xa entendo o de bloque porque asi tendes a cabeza coma un ¡¡¡bloque¡¡¡. A ver se algunha vez aplaudides algo. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |