Mércores 01 de Marzo de 2006 - 21:34
O BNG d´A Estrada convida a todos viciños e viciñas a o acto público, que se celebrará o sábado día 4 de marzo, ás 20:00 h., no Teatro Principal, no que se presentaremos a proposta de Novo Estatuto que o BNG defende para Galiza, para o que contaremos coas intervencións de Alfredo Suárez Canal, Conselleiro de Medio Rural, de Olaia Fernández Davila, Deputada no Congreso Español, e de Gonzalo Constenla, Delegado Provincial de Medio Rural.
Cando está a piques de comenzar o debate estatutario no Parlamento Galego, o BNG é a única forza política que expón claramente á cidadanía a súa proposta de Estatuto para Galiza, tanto a nível galego como a nível local, unha proposta ambiciosa, que dá resposta aos verdadeiros problemas dos cidadáns e das cidadás e ás cuestións que lle importan á xente: o emprego, a calidade de vida, a transparencia da Administración, a Política territorial, o medio ambiente. Unha proposta aberta ao diálogo, co obxecto de buscar o consenso necesario, convencidos de que o estatuto de Galiza ten que ser o Estatuto de todas e todas. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |