Venres 10 de Marzo de 2006 - 23:46
O BNG, através da Delegada Provincial de Industria e Comercio, Montse Prado, explicou hoxe aos comerciantes da Estrada as liñas mestras do que será a primeira Lei de Horarios Comerciais, que regulará ao pequeno e mediano comercio, pero tamén as grandes superficies comerciais.
Montse prado explicou que esta Lei pretende regular e conciliar a vida laboral e familiar dos comerciantes, limitando a 8 os días festivos, 5 deles están declarados como de peche obrigado para todo tipo de superficies e que son o 1 de Xaneiro, o 1 e 17 de Maio, o 25 de Xullo e o 25 de Decembro. Tamén reduce a 150 metros cuadrados a superficie mínima dos comercios que teñen liberdade de apertura, reducindo sensibelmente este límite, xa que até o de agora está limitado a 300 metros cuadrados. A Delegada Provincial explicou aos comerciantes que tamén recollerá un máximo de apertura de 72 horas semanais. Coa mesma finalidade de conciliación da vida laboral e familiar, adiántase o peche dos establecementos ás 20,00 horas nas datas do 24 e 31 de decembro.
Así mesmo, a nova lei establecerá un procedemento de declaración de concello turístico, co obxectivo de que os establecementos situados na área de declaración gocen de liberdade horaria. A área proposta pode ser inferior ao territorio municipal ou incluír só unha parte dun núcleo de poboación, e a súa aprobación corresponderalle á Consellería de Innovación e Industria.
Outra das novidades que recolle esta lei, segundo explicou Montse Prado, é que intrudicirá un mecanismo fiscalizador, que regulará que o cumprimento do estipulado nesta lei se cumpra, e que virá da man dos Concellos, que terán competencias en materia inspectora, mais non sancionadora, xa este aspecto recaerá nas mans da propia Consellaría de Industria e Comercio.
Os comerciantes alí reunidos acolleron con satisfacción esta lei, ainda que resaltaron que emendarán algún aspecto da mesma, cuestión que a Delegada agradeceu, xa que este ante-proxecto que ela veu a explicar aos comerciantes da Estrada é susceptíbel de facerlle os cambios que o sector considere oportuno, xa a intención da Consellaría de Industria e Comercio é facer unha lei para o sector non contra o sector. |
Escrito por Visitante en 2006-06-17 20:29:01 nova directiva da Acoe saida da sua Asamblea Xeral.Presidente: Sindo Villamayor, Vicepresidenta Maria López, Secretario: Manuel Rey, Tesoureiro: Luis Ribadulla, Vocais: Meles Loimil, Xabier Rey, José M, Fuentes; Tecnico: Gonzalo Gómez.
|
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |