|
Día da Muller Traballadora
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Luns 13 de Marzo de 2006 - 13:26
O BNG da Estrada, co gallo do día da Muller Traballadora, que se celebrou o pasado día 8 de marzo ven de apresentar no Pleno celebrado onte día 13 de marzo unha moción na que solicita do Concello promover desde o ámbito municipal campañas de sensibilización social que incidan na necesidade dun reparto equilibrado de funcións e tarefas no ámbito doméstico, promovendo a dignificación social do traballo realizado no ámbito familiar. Tamén, desde o ámbito municipal, solicitouse que se promova, colaborando coas institucións educativas e coas ANPA´s, a realización de actividades extraescolares de coeducación nos centros educativos.
 Na citada moción tamén se salienta a necesidade de reclamar á Xunta de Galiza a elaboración dunha Lei Galega de Corresponsabilidade da vida laboral e familiar con participación de todos os axentes sociais e institucionais implicados, que fomente un reparto equilibrado entre homes e mulleres, das funcións do coidado de persoas maiores e crianzas e das tarefas do fogar, así como, que prevexa un incremento da responsabilidade social dos poderes públicos á hora de asumir unha política avanzada no ámbito da corresponsabilidade. |
noa for president Escrito por Visitante en 2006-06-08 14:05:28 ata o din os mais proximos do bng: proxima alcaldesa... podeste coaligar con vilariño: lopez&lopez |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |