Martes 14 de Marzo de 2006 - 13:26
O BNG foi o
único que quixo solucionar o problema do IBI, e
solucionámolo, dando sobradas mostras de saber gobernar e
solucionar os problemas dos viciños e viciñas de
A Estrada, daquela só o BNG fará
políticas de austeridade e aforro no gasto corrente, de
control no gasto de persoal, de incremento das inversións,
en definitiva unha política económica eficiente e
acaída ás necesidades do noso Concello
O BNG de A Estrada ven de apresentar no pleno celebrado onte unha emenda á totalidade dos orzamentos realizados polo PP para o noso Concello, solicitando a súa devolución para a unha posterior confeccións dos mesmos adecuándoos á realidade e non a promesas feitas no aire.
Nunha fuxida cara adiante, practicando unha política de terra queimada, o PP presenta uns orzamentos, os máis elevados que nunca tivo o Concello, 17 millóns de euros, por mor da execución do PXOM, que suporá que a final de ano A Estrada estea endebedada en máis de 9 millóns de euros, é dicir, que cada estradense deberá ás entidades de creto, máis de 400 euros, e todo grazas a pésima política de aforro que leva a cabo o PP, que leva a incrementar, máis unha vez, a débeda do Concello, elevándose ésta en 3 millóns de euros a respecto do ano pasado, grazas ao incremento do gasto corrente, que sube un 17%, nomeadamente o apartado de persoal, e concretamente as gratificacións. A respecto dos ingresos por impostos e taxas, e segundo o informe remitido pola intervención do Concello, están inflados, non se aproxima o máis mínimo á realidade dos ingresos que terá o Concello. E para rematar, no capítulo de inversións suliñar que se a COTOP non aproba o PXOM, o capítulo de inversións sería inferior en 147 mil euros a respecto do ano 2005, que xa eran escasos; é dicir, o PP só se dedica a mal gastar os cartos de todos e todas.
O BNG considera que non se pode soster por máis tempo esta situación, o PP desde que goberna incrementa ano atras ano a débeda do Concello, hipotecando o futuro da Estrada; cómpre pois, un cambio de goberno que practique unha política de aforro, de inversións, de gasto, ... que devolva a ilusión aos viciños e viciñas, e este cambio só pode vir da man do BNG, que xa deu sobradas mostras de saber gobernar e de solucionar os problemas dos/as estradenses. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |