Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG reclama medidas de mellora no Centro de Asistencia Primaria de A Estrada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 21 de Marzo de 2006 - 12:54
A deputada Modesta Riobó presenta unha iniciativa parlamentar para aumentar a atención nas especialidades existentes con listas de espera

O grupo parlamentar do BNG, a través da súa deputada Modesta Riobó, vén de reclamar medidas para aumentar a atención nas especialidades que teñen lista de espera no Centro de Asistencia Primaria do concello de A Estrada, así como a dotación de especialidades necesarias e das que non dispoñen na actualidade.

A deputada nacionalista presentou unha iniciativa parlamentar na que advirte de que, a pesar de tratarse dun centro que atende a unha poboación de 22.300 habitantes, existen unha serie de deficiencias, tales como a falta de asiduidade coa que traballan algunhas das especialidades ou servizos ou a asignación de profesionais non fixos para as mesmas, que favorecen a inestabilidade e discontinuidade no seguimento dos pacientes.

A parlamentar do BNG tamén se fai eco no texto da súa iniciativa de que as listas de espera, por exemplo en oftalmoloxía, son de até tres meses e falta un lugar específico e adecuado para a realización de ecografías, chegando incluso os profesionais encargados de levalas a cabo de pretender deixar de ofrecer este servizo.

Por outra parte, Modesta Riobó tamén criticou a non informatización do servizo de laboratorio. “Esta situación –dixo- obriga a que todos os días unha persoa se encargue de escribir á man o libro de rexistro onde se recollen todas as probas realizadas cada día no mesmo centro e tamén as probas realizadas nos demais centros periféricos do rural”.

Ao respeito do laboratorio, a deputada dixo que cumpre dotalo de maquinaria suficiente para o volume de probas a realizar e lamenta as dificultades que está habendo para cambiala por outra apropiada “ao estar en dúbida a continuidade deste servizo”.

Ante o exposto, Modesta Riobó quer saber como pensa a Consellaría de Sanidade dar solución a estas situacións “que están a causar malestar e desmotivación entre os profesionais” e cal é a previsión da continuidade do Servizo de Laboratorio, así como a súa informatización e dotación adecuada á demanda existente.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal