Venres 28 de Abril de 2006 - 18:17
O BNG propón a creación do primeiro Regulamento de Participación Cidadán
Este Regulamento contempla a creación do Consello Económico e Social e o Consello de Relacións Veciñais, ademais do dereito a que as viciñas e viciños presenten iniciativas ou preguntas nos plenos
O Grupo Municipal do BNG rexistrou hoxe no Concello o que pode ser o primeiro Regulamneto de Participación Cidadán da Estrada, logo da pasividade do PP á hora de presentar unha iniciativa, na que, a priori, os tres grupos están de acordo da súa necesidade.
A proposta de Regulamento de Participación Cidadán que presenta o BNG e que defenderá no próximo Pleno do mes de maio, ponse á disposición das asociacións de viciñas e viciños, dos sindicatos e de todos o tecido asociativo estradense para que participe e colabore na elaboración do Regulamento; por iso, xa remitimos por escrito a nosa proposta a toda as entidades asociativas da Estrada, que tamén se pode descargar desde esta ligazón, solicitándolles a súa colaboración para que realicen as achegas máis acaídas e mellorar así esta proposta.
Esta proposta do BNG xurde pola falla de iniciativa do grupo de goberno PP, xa que no mes de xaneiro de 2006 na reunión da Xunta de Portavoces da Corporación Municipal, convocada polo Sr. Alcalde para analisar a situación de conflitividade que se daba -e que se dá- ultimamente nos Plenos, apuntouse como unha das posibles solucións a de proporcionar unha canle de expresión axeitada para as viciñas e viciños da Estrada. Conscientes diso o BNG da Estrada elaborou unha proposta de Regulamento de Participación Cidadá, que pretende facilitar o acceso á información por parte das viciñas e viciños do noso Concello (sobretodo con respecto a grandes temas municipais de interese para toda a poboación, como os orzamentos anuais, os plans sectoriais, programacións culturais…); para elo contempla a creación de dous foros de participación como son o Consello Económico e Social e o Consello de Relacións Veciñais.
Neste Regulamento tamén se contempla o dereito de viciñas e viciñas a presentar iniciativas para seren discutidas no Pleno, que estean respaldadas polo 10% da poboación, así como o dereito de expresar as súas opinións en asuntos que estean na orde do día e que lles afecte directamente. Ademais, ao remate do Pleno calquera viciña ou viciño para expresar a súa opinión a respeito do tema que estime oportuno. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |