Venres 05 de Maio de 2006 - 11:30
A Estrada Dixital, cos votos favorábeis de PP e PSOE, decidiu finalmente otorgar á empresa Softgal a instalación da rede inalámbrica, que ten un custe para os petos das viciñas e viciños da Estrada de 567.183 euros e que non responderá ás espectativas creadas no noso Concello nin ás necesidades das viciñas e viciños da Estrada.
Coa rede xa contratada, A Estrada Dixital non sabe cal vai ser o custe de mantemento da rede nen o que lle vai cobrar ás viciñas e viciños polo seu acceso a internet.
A rede utilizará que finalmente resultou gañadora utilizará Wifi, unha tecnoloxía usada habitualmente para a conexión a internet en espazos moi localizados, como hoteis, fábricas, etc, pero que desde o noso punto vista non dará a cobertura nen a velocidade que as viciñas e viciños da Estrada demandan. A tecnoloxía wifi como toda tecnoloxía que se emite por ondas electromagnéticas, está suxeita a múltiples factores que dificultan unha transmisión de datos correcta; por exemplo, factores medio ambientais, factores metereolóxicos e mesmo factores arquitectónicos, que dificultan unha conexión que ten que ser fiábel xa que moitas desas conexións serán auteticadas, por exemplo, a banca electrónica, e os posíbeis cortes dificultan este tipo de transaccións. Neste sentido, debemos salientar, que o 55% das usuarias e usuarios da rede de A Estrada Dixital necesitarán elementos extra (antenas) para conectarse en condicións a internet, cuxo prezo ronda os 200 euros, segundo indica na oferta unha das empresas que se presentou ao concurso, mesmo así o indica tamén a empresa Softgal, que finalmente resultou a adxudicada. Obviamente se hai problemas coa conexión, inevitábelmente isto redundará na velocidade da mesma, que terá que ser dun mínimo de 256 kbs de baixada e 128 kbs de subida, segundo se reflicte no prego técnico de contratación, algo que a día de hoxe, desde A Estrada Dixital non nos puideron nen garantir ese mínimo que figura no prego de contratación.
Pero á incognita da fiabilidade da conexión e da velocidade temos que engadirlle ainda dúas máis, como son o prezo e o custe, que, malia aos requirementos do BNG, seguimos sen saber canto vamos a pagar pola conexión as viciñas e viciños da Estrada, e, sobre todo, canto lle vai a custar á Estrada Dixital, -en definitiva, a todas e todos-, o mantemento da rede inalámbrica que se ven de adxudicar.
Outras das cuestións que valorou o BNG á hora de emitir o seu voto na mesa de contratación é que todas as empresas que concursaron, incluida a que gañou, Softgal, carecen de experiencia no desenvolvemento dunha rede de semellante envergadura como a que se vai despregar no Concello da Estrada, xa que todas elas sinalan nas súas ofertas proxectos en ámbitos moi localizados, moi pequenos, tal e como sinalamos ao principio cando falabamos da rede wifi.
Desde o BNG pensamos que o proxecto de extender a conexión a todo o territorio do noso Concello debeu partir dun estudo previo das características que ten o noso Concello; que tecnoloxía é a máis acaída ás nosas necesidades específicas; cuatificar as usuarias e usuarios potenciais cos que contaría esta rede pública; que velocidade requiren de acceso lles gustaría desfrutar; que prezo estarían dispostas e dispostos a pagar; e, finalmente, valorar os custes de mantemento da mesma, e, en base a todos estes factores, efectuar o concurso. A Estrada dixital decidiuse polo contrario: gastar medio millón de euros nunha rede inalámbrica, para continuación valorar o que custa o seu mantemento e finalmente xa lle pasaremos a factura ás viciñas e viciños. Un procedemento, ao noso entender, bastante chapuceiro, irresponsábel politicamente e, sobre todo, irresponsábel á hora de xestionar os rescursos económicos que son de todas e de todos.
Para rematar, o BNG expuxo no padroado a inquedanza que hai entre as viciñas e viciños da Estrada ante ao incremento das emisións radioelécticas, especialmente na vila, sempre vinculadas a problemas de saúde, xa que, ás emisións de TV, radio, telefonía móbil, etc, agora hai que engadirlle as emisións da rede inalámbrica. Porén, o BNG solicitou que A Estrada Dixital sexa sensíbel a esta preocupación das viciñas e viciños e trate de consensuar cos afectados a colocación das antenas para evitar problemas no futuro. |
FWD: Un Poquiño de Porfavor Escrito por Visitante en 2006-06-01 18:45:00 Este Comentario vai dedicado expecialmente a: Un Poquiño de Porfavor Creo que co me teño informado e cos coñecementos que posou polos meus estudos, ademáis de ter ido polas oficinas da Estrada Dixital, creo que este comentario é un pouco desarcetado [QUOTE] Antes de falar, e verter comentarios sen ton nin son informádevos un pouquechiño.[/QUOTE] Porque creo que todos os postemos aqui (polo menos eu), somos conscientes de que participan moitos entes publicos neste programa. O que non poñemos en dúbida é que A Estrada Dixital non rinda as contas precisas aos correspondentes entes públicos. Aiqui ti fúcheste algo demáis xa dado o que queremos e que esa información que se suministra a as diferentes organismos publicos sexa pública dende a web da proxecto, e decir os estradenses queremos saber todo o que se esta facendo, temos os mesmos dereitos ca administración, a administración son os cidadans. Por estos motivos e polos que se xenera desconfianza nos cidadans, porque se nos da a información filtrada por medio da prensa, hai estradenses que queremos coñecer tódolos pormenores do proxecto, e decir cada un dos informes que lle chegan A Estrada Dixital, ou que emite ela. Pero este coñecemento non se afinca so cando son recibidos e nun pequeno resumo queremos coñecer todo o contido, temos dereito a saber todo o que se fai (Ademias non vulnera a lei de privacidade mentras non se publiquen dados persoais) Sobre o tema de que non se poden decir tantas tonterías sería agradabel que te disculpases xa dado que é obvio o que se pide. Tonteria ou falta de respecto e non molestarse o intentar entender o que che dín. Sobre o tema da auditoría externa eu non tiña coñecemento desta, e gostariamene saber que na elabora. Volvendo no de antes iso da auditoría externa non o lin nin na prensa, nin mo dixeron na oficina. Entendes os ESTRADENSES QUEREN TODA A INFORMACIÓN, dunha forma accesibel (Colga-la na web, elaborar un xornal cada "x tempo ", ... ) Sobre o tema de ir a oficina, non vexo como obxectivo dunha oficina ter que destinar persoal para aclarar as mesmas dubidas a mesma xente. É mais practico que colguen na web. A oficina é para que traballen no proxecto e esclarecer as dúbidas a aquela xente que non teña os medios, coñecementos, ... en comprender a información aportada por unha web. Este proxecto naceu politizado dende o incio xa dado que non o vexo normal que se incluira nas campañas electorais do PP, ademáis de sair continuamente Reboredo (Dubido que con maxisterio teña os coñecemento suficiente pra poder comprender as novas tecnoloxias, quero decir non sabra como estan feitas as cousas, so sabe a información que lle pasan. A cabeza representante debe ser un tecnico cualificado e non un politico (sen estudos no eido) ).
| Recapacitar Escrito por Visitante en 2006-05-30 17:54:37 Este comentario non ten moito que ver con esta noticia, pero poñoo aqui porque me gustaria que a xente do bloque o leese e recapacitase un pouco: Eu son de esquerdas e votei moooooooitas veces ao BNG. Xa non. Dende sempre o nacionalismo foi un movemento de dereitas. Pensaba que este era a excepción, pero o bng non ten praxe de esquerdas, no senso humanista, libertario, aberto e plural. Ten comportamentos sectarios interna e externamente e vive nun ideoloxicismo absurdo que non ten nada que ver co que demanda a sociedade. Entra en batallas ideolóxicas por cousas que os seus posibles votantes entendemos como puras chorradas e sen embargo non é capaz de articular políticas realmente de esquerdas. Museos de linguas minoritarias, reparto de prebendas entre os artistas afíns, unha concepción da cultura sectaria e papanatista. "E inmoral destinar gastos públicos a grupos de fora". Cada vez que abren a boca e só para soltar estupideces, como o asunto da fala en extremadura e un longo etcétera, pero a día de hoxe aínda estamos esperando que nos ilusionen con algo. Sinxelamente, fumos uns inxenuos. Nunca foron de esquerdas, nunca tiveron unha concepción do mundo como algo aberto e internacionalista. Están cumprindo o seu soño, gobernar a súa finquiña para colocar aos seus amigotes e tentar levarnos a todos ao rego da súa visión folclorista e prehistórica. Unha vez escoitei a otegui que internet era unha desgracia que ía acabar cos levantadores de pedras e os concursos de cortar troncos. Estas son as imbecilidades que a estes lles pasan pola cabeza. Para unha persoa cun carácter libertario e plural, son tan inimigos como o partido popular. Só que cando as facía o pp non daba tanta carraxe que como os fan estes. Xa o dábamos por feito. Estes, traizoaron unha e outra vez as nosas ilusións. E o espectáculo que están dando no goberno é sinxelamente patético: non había programa, non había ideas, non había alternativas, non tiñan nada pensado máis que estas tontadas ás que dedican todas as súas forzas. En fin, os poetastros acólitos, os actores nacionalistas, os lectores profesionais de discursos e os escultores e vendendores de pracas conmemorativas están de noraboa. O mundo das homenaxes banais que nos espera, promete moito. | UN POUQUIÑO DE PORFAVOR Escrito por Visitante en 2006-05-24 18:47:54 Antes de falar, e verter comentarios sen ton nin son informádevos un pouquechiño. Este e un proxecto no que participan moitas entidades: Concello, xunta (diversas consellerías), ministerio, ..., as cousas non se fan coma na casa. Cada actuación ten que ser aprobada, ten que ser aceptada, hai que tela desglosada ata o mais mínimo detalle antes de presentala, etc... (esto no e coma unha empresa privada, quero facer esto e o día seguinte vou e mercou, ou encárgao, ou o que sexa...). Estou mais ou menos informado das actuacións da estradadixital(porque me interesa este campo e porque vou moitas veces a oficina que esta na rúa San Antón e sempre me atenden sen ningún problema e me informan), e non se poden dicir tantas tonterias. A Estradadixital ten unha auditoría externa (ademais da propia auditoría que supón dar conta de todo a xunta, ministerio, etc..). A Estradadixital leva case 3 anos pero hai que ter en conta que dous anos houbo que andar por ahi dando roda pedindo de aquí de acola (non foi unha misión fácil). Certo e, que nalgunhas cousas se trabucan (coma todo o mundo), pero a labor rastreira que facedes nesta paxina e que fai moita xente con comentarios e este tipo de noticias infundadas non son de recibo. Todos os que decides que non tendes información ¿fustes algunha vez a oficina? ¿pedistes algunha información?, e mais fácil criticar e crear malas expectativas sobre todo o que fai o proxecto. E unha pena que teñades esta actitude tan bochornosa. Este pais por desgracia e así, e así seguiremos, o mellor e comprar unhas vaquiñas ou unhas ovelliñas e seguir sendo unha rexión arcaica que reciba subvencións europeas mentres non existan outros mais pobres. Pois eu négome, e dende aquí lanzo un berro de apoio a esta xente da estradadixital (técnicos e traballadores (NON OS POLITICOS QUE SON TODOS IGUALES (se non existiran quizá nos fora mellor))para que saquen pronto esta rede inalambrica, e outros proxectos que se prometeron e que aínda non puidemos disfrutar deles. GRACIAS POLA VOSA LABOR, E NON VOS DESANIMEDES. E POR FAVOR ¡¡NON POLITICEDES UN PROXECTO QUE PODE SER REALMENTE MARAVILLOSO PARA A ESTRADA¡¡¡ | E certo Escrito por Visitante en 2006-05-13 15:14:33 Como dí o anterior eu como estudante de enxeñeria ratifico o que el di ademais romper os cifrados das maiorias das wifis están en mal de calqueira, xa dadq que tan só cun pouco de navegar e saber algo de linux, podes romper un cifrado web de forma sinxela. Realmente e preocupante saber que sistema van a empregar no cifrado de datos. Xa dado que actualmente que case todos xa foron rotos. | seguridad Escrito por Visitante en 2006-05-12 18:02:56 Aparte de cualquier otra consideración al respecto, a mi lo que me preocupa es que las redes wi-fi no garantizan una necesaria seguridad en cuanto a la confidencialidad en la transmisión de datos. Como ingeniero de telecomunicaciones sé lo que me digo y, por cierto, he leído bastante sobre el tema, no en revistas de quiosco, si no en publicaciones científicas, sobre todo americanas. | Softgal Escrito por Visitante en 2006-05-10 20:13:16 Sigo esperando, señores del BNG, porqué se adjudican los concursos (al menos los importantes) a softgal. Se han llevado el portal, se han llevado la red wifi, se han llevado el data center, ¿hasta cuando? No me puedo creer que no haya ninguna empresa capaz de hacerles sombra. Eso es lo que deben investigar y denunciar | A Rede Escrito por Visitante en 2006-05-09 22:15:20 podo decir que nón é a mellor implementacion dunha rede desta escala (Tamaño municipal), a implementacion wifi, xa dado que wifi naceu para montar redes en oficinas e que o seu radio non é que sexa moi amplo. Polo cal creo que deberían recurrir a implementacion mais optimas, ou facer híbridos. Pero non apostar a un so pao, como fixeron xa dado que cando sae o estandar WiMax e moi posible que se coma a wifi. Ademais existia outra implementación de menor coste de implantación, e mais rápido de implementación. Estou a falar de PLC, PLC en termos xerais serían conectarse por medio do enchufe da corrente. Esta tecnoloxia da mellores velocidades ca wifi e é moito mais estabel, ademais con esta tecnolxía tendrian un dobre fin, modernizar as liñas electricas, xa dado que nalgunha zona son deficientes, e acercar as novas tecnoloxias. | Estafas das boas Escrito por Visitante en 2006-05-09 22:06:53 Primerio quero decir que non teño ningunha vinculacion coa estrada dixital, nin co BNG. Todo hai que decilo, A Estrada dixital, non é o que prometía ser, aquelo que tanto esperabamos e que nos vendeu Reboredo e Andujar. As couas van moi despazo, e non deixan particpar activamente ao pobo, aos estradenses nesta proxecto. Ainda non vin a día de hoxe unha conferencia ou debate público donde se poidese falar da estrada dixital, algo que creo necesario. Xa dado que a unica forma de que coñezan os redactores as inquedanzas dos estradenses. Despois dende a web da estrada dixital non se aporta moita información parece que se intenta aportar o mínimo posibel, a min persoalmente pareceme mal que non colguen o proxecto que redactaron na web para que todos poidamos consulta-lo (igual que o PXOM), tamen debería colgar as memorias que teñen entregar as restantes entidades (Ministerio, Xunta de Galiza). E as valoracións que estos fan. Estas iniciativas aportarían transparencia a este proxecto, mentras esto non existe a min non me dan confianza estos señores, xa dado que se queres información tes que ir alí e ainda así che conta un pouco, (pero nunca atan nin desatan). Reafirmome no que digo, teñen que darlle mais transparencia , igual que deberían poñer estatisticas dos pc's mercados en función de que tenda se mercaron. (Xa dado que todos sabemos que en certa tenda da estrada esta a vender pc's moi inferiores ao necesario (dado que as bases están anticadas), e donde a gran maioría da xente vai mercar un pc sen saber o que leva). Debería haber unha auditoría externa, a cal controlase o funcionamento da oficina da estrada dixital. Facer unha posta en serio polo software GNU e obrigar a todos aqueles que merquen un pc coa sua subvención que teñan instalado un SO GNU/LINUX, porque cunha subvención non se debería pagar a licencia dun SO privativo (Windows) estamos enriquezendo a un individuo (Bill Gates). E aqueles que non cumplen estas duas condicións (Os que teñen Windows pirata), deberían buscar unha forma de sancionalos, xa dado que están roubando. Teñen que asegurarse que as tendas donde se mercan pc's coa subvención non realicen ningun tipo de instalación de software de forma pirata (Que as hai). Co fin de ter maior transparencia deberían por un enlace donde descargar o tan famoso e coñecido AestraDix, eu ainda non o puden descargar, tiven que ir dunha forma rastreira e case como que fose un trato de favor a que me desen unha copia, a cal ainda estaba en Beta despois de que se estreara ante os medio (Menuda cagada), xa dadoq que un politico non inaugura un edificio a medio facer, pero A Estrada Dixital, parece que si presenta un SO a medio facer.
| O BNG cavara uns rejos a todas as parroq Escrito por Visitante en 2006-05-09 17:41:21 O BNG da Estrada vai comprar uns picos e unhas palas e cavara uns rejos a todas as parroquias da Estrada, xa que, coma a tecnoloxia WIFI non funciona, e a tecnoloxia do rejo e a unica que coñecen unha vez mais, ó rescate da población esta pandilla de impresentables do BNG van levar a ADSL a codeseda, Vinseiro, Sabucedo, etc... levando cable ata a porta das casas. Mira que decides tonterias. HAI QUE INFORMARSE ANTES DE ESCRIBIR TANTAS TONTERIAS. O UNICO QUE VOS IMPORTA E CREAR POLEMICA. | Estafa Dixital Escrito por Visitante en 2006-05-06 10:57:35 Nuevamente te equivocas no tengo nada que ver con el proyecto. Lo que sucede es que no se puede faltar a la verdad impunemente, que es lo que hacen estos tipejos en la soflama que publican como artículo. Insisto, no teneis ni puta idea. Lo que le BNG debería de preguntar es porqué todas las adjudicaciones importantes se hacen siempre a Softgal. Eso no lo preguntan, quizás prefieran no enfrentarse con Caixa Galicia, por lo que pueda pasar con la financiación de futuras campañas electorales. Eso es lo verdaderamente importante, y no veo que se preocupen de que las adjudicaciones vayan siempre en la misma dirección | Estafa Dixital Escrito por Visitante en 2006-05-05 23:06:10 Desde luego el comentario anterior debe ser de alguien de Estafa dixital. Es cierto que todo lo que se comenta aquí no es 100% cierto, pero lo que si sabemos los Estradenses es que nos han vendido la moto y aún NO LA HEMOS VISTO, eso si, fotos guapísimas de cenas y viajes por la geografía nacional y extranjera. Es increíble que 3 años después de la aprobación de la Estrada Dixital, lo único que se ha hecho sea dar una subvención mísera. No estaría mal hacerles una auditoria para saber como van las cuentas. | Estais de Coña Escrito por Visitante en 2006-05-05 16:38:42 No sé quien carallo os asesora, pero no tiene ni la más remota idea de lo que habla. Semejante sarta de tonterías no las había leído ni en 13 Rúe del Percebe. Leed, coño, leed, que os vendrá bien y no provoca ninguna enfermedad. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |