|
A rede de sumidoiros do Polígono de Toedo verte no río de Figueroa
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Martes 09 de Maio de 2006 - 11:35
O BNG denunciou onte en sesión plenaria que a rede de sumidoiros do Polígono de Toedo verte directamente ao río de Figueroa logo de que viciñas e viciños da zona que fixeran chegar as súas queixas á nosa organización. Xan Carlos Castro Blanco puido constatar insitu este verquido, que se debe, ao noso entender, a que rede de sumidoiros do Polígono atópase desconectada da rede principal, polo que se verte directamente ao río sen ningún tipo de control.
Xan Carlos recordou os verquidos que no pasado sufriu este río, debido ao mal funcionamento da anterior depuradora, e solicitiou unha solución global para rematar dunha vez coas deficiencias detectadas na rede de saneamento da vila. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |