Martes 11 de Xullo de 2006 - 14:21
O BNG solicita a dimisión dos catro concelleiro do PP acusados de prevaricación e o nomeamento dunha xestora até as eleccións municipais de 2007
O Xulgado da Estrada que abriu dilixencias previas contra Ramón Campos, José Manuel Reboredo, Manuel Arca Castro, Manuel Somoza, Alfonso Uzal, Mario López Martínez, Francisco Cora Castro, Selesio Meda e José Eusebio Porta Lorenzo acaba de ditaminar a apertura do xuizo oral, para o que o Fiscal acusa aos anteriormente citados de dous delictos de prevaricación urbanística, solicitando pena de inhabilitación para emprego ou cargo público por un período de 8 anos e unha multa de 18 euros diarios durante 8 anos por cada uns dos delictos de prevaricación. Ademais, como medida cautelar, o Fiscal solicita unha fianza de 500 euros a cada un do encausados.
Salientar que a acusación, que representa ao BNG, solicítase penas de prisión para Ramón Campos e para Alfonso Uzal pola comisión de tres delictos de prevaricación e 8 anos de inhabilitación por cada un dos delictos. Para o resto de concelleiros da comisión de goberno encausados solicítase 7 anos de inhabilitación e 12 meses de multa por cada un dos tres delictos dos que se acusa ao integrantes da Comisión de Goberno que o 8 de novembro de 1993 e o 5 de agosto de 1994 aprobaron licenzas de construción declaradas ilegais polos tribunais de xustiza.
O escrito do Fiscal ven a confirmar as denuncias que reiteradamente fixo e fai o BNG sobre as decisións urbanísticas do grupo de Goberno do PP. O Alcalde Ramón Campos e aos acusados que forman parte do Grupo de Goberno, Manuel Arca, Manuel Somoza e José Manuel Reboredo, só teñen unha saída: a dimisión. Todos eles están deslixitimados para tomar decisión algunha no eido urbanístico polo que compre a súa dimisión e o nomeamento dunha Xestora que dirixa o Concello de A Estrada até que nas vindeiras eleccións municipais se elixa unha nova corporación e un novo grupo de goberno.
Máis información sobre a denuncia presentada polo BNG |