Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

As Consellarías Nacionalistas presentan un proxecto de revitalización de Sabucedo   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Malo Bo
Xoves 20 de Xullo de 2006 - 12:35

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, presidiu onte en Sabucedo a primeira reunión da Comisión Interdepartamental do Proxecto Integral de revitalización deste núcleo pertencente ao noso Concello. Na xuntanza tamén participaron a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas; tamén estiveron presentes membros da Asociación Rapa das Bestas, así como Emilio Quintillán de Xestur de Pontevedra, da Dirección Xeral de Patrimonio e os delegados provinciais da Consellarías de Innovación e Industria, Montse Prado e Gonzalo Constenla de Medio Rural.

rapa.jpg

A Comisión ten como obxectivo primordial coordinar e promover un conxunto de iniciativas para favorecer o desenvolvemento integral do lugar de Sabucedo. Segundo manifestou Anxo Quintana, o proxecto baséase en accións de valorización e conservación do patrimonio histórico, artístico e habitacional, como exemplo de arquitectura tradicional; a promoción cultural e turística do núcleo; e a dinamización económica e social a partir dun proxecto de desenvolvemento agrario, gandeiro e forestal.

O vicepresidente da Xunta explicou que este é un "auténtico proxecto de desenvolvemento integral para Sabucedo". Quintana anunciou ademais que xa está encargado o proxecto de execución para a creación do centro de interpretación de Sabucedo e comprometeu tamén un "apoio especial" para a celebración da Rapa das Bestas do vindeiro ano. Para Anxo Quintana é importante facer realizacións e ofrecer axudas "de presente para que as nosas propostas de futuro teñan máis fiabilidade e xeren maior confianza en todos e en todas", apuntou.

Anxo Quintana lembrou que para que este tipo de proxectos de desenvolvemento e dinamización triunfen é necesario crear una marca de identidade. Nesta liña, destacou que no proxecto de Sabucedo "xa se empeza con moito andado", porque os veciños lograron crear unha marca de garantía: a Rapa das Bestas, que é coñecida e valorada no eido autonómico, nacional e internacional.

Segundo indicou o vicepresidente, ata o de agora existía unha "disociación", xa que moita xente emprendedora e preocupada por promover o desenvolvemento dos seus pobos e vilas atopábase cunha Administración "renqueante" que só ofrecía apoios puntuais. Esta situación, segundo apuntou Quintana, está a cambiar porque "hai que traballar codo con codo".

Proxecto técnico

Nesta primeira xuntanza, os asistentes abordaron a situación actual do municipio e os proxectos nos que traballa o concello e a Asociación Rapa das Bestas para promover a dinamización de Sabucedo. A Consellería de Vivenda e Solo quedou encargada de crear un equipo técnico para redactar o proxecto integral, en colaboración coa asociación de veciños e co concello da Estrada. Está previsto que antes de finais de ano se redacte o primeiro borrador, que deberá ser aprobado inicialmente pola Comisión antes das aprobacións administrativas definitivas que debe ter o proxecto en cada un dos seus eidos: local e autonómico.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal