|
O BNG solicita a extensión da fibra óptica no rural
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Mércores 13 de Setembro de 2006 - 14:12
O BNG presentou no pleno do pasado luns unha moción urxente solicitando que o Pleno da Corporación se dirixa á empresa telefónica a que sustitúa o sistema de TRACs, tanto os analóxicos como os dixitais, nas parroquias e lugares do noso Concello que aínda manteñen este sistema, que impide, entre outros servizos un acceso a internet de calidade.
A moción presentouse logo de que o BNG recivira queixas por parte dos viciños e viciñas do val de Vea que viron como Telefónica, ao abeiro dun convenio entre esta empresa e o Mnisterio de Industria, Comercio e Turismo, iniciou a substitución dos TRACs analóxicos, nalgúns casos, por novos TRACs dixitais que si permiten o
acceso á internet, se ben de baixa calidade e sen resolver a desventaxa do rural, pero este cambio aportoulles máis inconvintes que vantaxes, xa que levan varios días sen ter liña telefónica.
Así as cousas, o BNG solicita, mediante a moción urxente presentanda o pasado luns, que o sistema de TRACs dixitais sexa sustituido polo sistema MUXFIN, de fibra óptica, que xa se implantou con éxito na parroquia de Arca, e que garante unha conexión telefónica rápida e de calidade. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |