Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O tiro pola culata   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Martes 10 de Outubro de 2006 - 12:10

foto dos veciños do foxo protestando no salón de plenos pola supresión do centro médicoO PP presentou onte unha moción na que instaba á Xunta á construción do centro médico do Foxo, logo de que os veciños e veciñas do Foxo saíran á rúa para protestar pola decisión de suprimir este centro. Mais o PP, que a priori presentaba esta moción coa pretensión de deixar en evidencia ás forzas políticas que sustentan o bipartito na Xunta, nomeadamente ao PSOE, por ser este partido o responsábel da Consellaría de Sanidade, saiulle o tiro pola culata, pois o BNG denunciou que a decisión de suprimir o centro médico do Foxo foi tomada polo Partido Popular; primeiro no Goberno, suprimindo de raíz este centro médico no mes de marzo de 2005, e logo rexeitando no parlamento por dous anos consecutivos as emendas do BNG aos orzamentos da Xunta relativas á construción do devandito centro médico.

Raquel López, portavoz Municipal do BNG, destacou o cinismo e a demagoxia do PP nun tema do que tiñan que ser coñecedores, pois o seu partido levaba gobernando na Xunta 16 anos, non movendo un dedo para que o centro médico do Foxo fora unha realidade, e cando xa non hai remedio, non dubidan en colocarse detrás da pancarta, mentindo e manipulando descaradamente aos veciños.

Malia todo, a moción que presentou o BNG, na que se instaba á Consellería de Sanidade e ao SERGAS a reconsiderar a decisión adoptada pola anterior administración do Partido Popular e solicitarlle que, dada a necesidade deste Centro, a modifique e volva a incluír a este Centro Médico na súa Planificación, á maior brevidade, contou cos votos favorábeis do PP, probabelmente por non quedar en evidencia, aínda máis, diante dos veciños e veciñas que se congregaron no salón de Plenos.

O BNG ten claro que a decisión tomada polo PP de non construír o centro médico ten difícil volta atrás, mais no BNG acreditamos que coa presión social si é posíbel que a construción deste centro médico sexa viábel, pois consideramos que se trata dunha demanda xusta e necesaria, e que beneficia a máis de 1.000 persoas que viven en 12 parroquias do rural do noso Concello.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal