Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

As probas que requería o PP no pleno do pasado luns   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Venres 13 de Outubro de 2006 - 10:31

O PP quería as probas e o BNG rexistrou no Concello as probas do delito, que demostran, sen lugar a dúbidas que a decisión de non construír o centro médico do Foxo foi unha decisión tomada polo PP, plasmada nos diarios de sesións do Parlamento, na que ano tras ano, rexeitaban as emendas presentadas polo BNG para que este centro fora unha realidade. O BNG tamén lle remitiu ao PP por correo a mesma documentación rexistrada no Concello, para evitar que logo saian nos medios de comunicación presentando unha documentación pretendendo manipular a opinión pública

rexistro.jpg

Nas ligazóns que figuran na seguinte táboa aparecen as emendas presentadas polo BNG a respecto da construción do centro médico do Foxo, así como o resultado das mesmas, é dicir, o rexeitamento sistemático das mesmas nos orzamentos dos anos 2002, 2003 e 2005.

Orza
mentos
Publicación das emendas Votación das emendas
Documento
Nº Emenda
Pax.

Documento

Pax.

2002

Boletín Oficial do Parlamento de Galiza nº 82 do 27-03-2002

19 ao capitulo de gastos SERGAS, sección 11

2.526 - 2.575 (páxina 51 do pdf)

Diario de Sesións do Parlamento de Galiza nº 18 do 23-04-2002

Páxina 6 do pdf

2003

Boletín Oficial do Parlamento de Galiza nº 240 do 23-11-2002

30 ao capitulo de gastos SERGAS, sección 11

12.000 - 12.063 (páxina 65 do PDF)

Diario de Sesións do Parlamento de Galiza nº 90 do 16-12-2003

Páxina 2 do pdf

2005

Boletín Oficial do Parlamento de Galiza nº 673 do 22-11-2004

30 ao capitulo de gastos SERGAS, sección 011

43.192 - 43.237
(Páxina 57 do pdf)

Diario de Sesións do Parlamento de Galiza nº 136 do 20-12-2004

Páxinas 5 e 6 do pdf

O BNG denuncia que o PP está a facer un uso partidista e propagandístico deste problema, e tendo os mecanismos que ten o Grupo de Goberno a súa disposición non moveron un dedo para evitar que a decisión do Sergas de eliminar o centro médico Foxo. Ademais deste uso propagandista o BNG pensa que o Sr. Palmou, deputado do PP nas lexislaturas anteriormente citadas, xogou un papel protagonista no rexeitamento das emendas do BNG, nas que se incluía a construción do cento médico, e non pode vir agora como valedor do pobo da Estrada, cando foi el e os deputados do PP no Parlamento, así como os seus compañeiros no goberno, os que impediron que o Foxo teña hoxe un centro médico en condicións. O BNG non lle vai a pedir a súa dimisión, por faltar a verdade e por manipular aos veciños e veciñas do Foxo, pero serán os electores e os votantes do Partido Popular na Estrada os que evitarán que volte saír eleito deputado nas vindeiras eleccións galegas.

O BNG quere un centro médico para o Foxo e utilizará os mecanismos que teña ao seu alcance para isto sexa posíbel, tamén apoia as reivindicacións veciñais, por tratarse dunha demanda xusta dos mesmos por querer dotarse dunha asistencia médica en condicións de igualdade ca do restos de veciños da Estrada, pero o que non fará o BNG e leximitimar a actuación do PP, cando estes leven a voz cantante nesta reivindicación veciñal.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletinxullo2010.jpg
Descarga o boletín de xullo 2010

Redes Sociais

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

facebook.png

Enquisas

Subscríbete

As últimas noticias
no teu correo:

Delivered by FeedBurner


Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal