Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

25 Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 14 de Novembro de 2006 - 11:45

O Pleno aprobou por unanimidade unha proposta de declaración institucional feita polo BNG co gallo da celebración o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

mulleres.jpg

Con esta declaración que o concello fará pública ese día, comprométese traballar na prevención da violencia contra as mulleres, poñendo en marcha actuacións que evidencien que a raíz deste problema está nas relacións de poder históricamente desiguais entre homes e mulleres. Tamén compromete ao Concello a promover actuacións que conduzan ao afortalamento da independencia económica, política e social das mulleres.

O 25 de novembro foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, co obxectivo de implicar aos gobernos e ao conxunto de organizacións de carácter social na sensibilización a respecto do grave problema que constitúe a violencia de xénero.

É pois, unha data para a denuncia, de concienciación social, mais tamén un día para propiciar a reflexión e o compromiso de toda a sociedade galega sobre a violencia que se exerce contra as mulleres polo simple feito de ser mulleres.

Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero son pasos necesarios para loitar contra este fenómeno. Por iso queremos expresar hoxe, o apoio desta corporación municipal á iniciativa posta en marcha pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza, de dotar ao noso país dunha Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero. Esperando que a súa aprobación e desenvolvemento contribúa dunha maneira efectiva a diminuír e erradicar a persistencia da violencia no ámbito galego.

As cifras de denuncias e mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto dunha maneira brutal, que non podemos baixar a garda, e que se fai imprescindíbel a implicación de todas as institucións, asociacións e persoas na súa erradicación. Sabemos que nos enfrontamos a un problema estrutural, pero este feito non pode converterse nunha escusa para non actuar.

Cómpre unha implicación de todas as administracións no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación. Debemos camiñar cara o compromiso de todos os homes e mulleres de Galiza para facer visíbel o rexeitamento ante calquera forma de violencia contra as mulleres.

Por todo isto, a corporación municipal da Estrada declara o seu firme compromiso de:

  • Traballar na prevención da violencia contra as mulleres, poñendo en marcha actuacións que evidencien que a raíz deste problema está nas relacións de poder históricamente desiguais entre homes e mulleres.

  • Promover actuacións que conduzan ao afortalamento da independencia económica, política e social das mulleres.

  • Colaborar con outras institucións nas políticas destinadas a prestar atención ás vítimas, garantir a súa seguridade e apoiar a súa recuperación.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal