Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

A extrema dereita boicotea as nosas enquisas   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Martes 14 de Novembro de 2006 - 15:57

grafico_pequeno.jpgO pasado día 1de novembro a páxina web do BNG da Estrada sufriu unha maré de visitas,que continuou durante os días seguintes, referidas na súa meirande parte desde unha páxina web de extrema dereita (Infonacional.com). O obxectivo non era outro que o de boicotear a enquisa desde a que se pretendía recabar a opinión de veciñas e veciños sobre a conveniencia de retirar o rueiro fascista do noso Concello, cuestión que até ese día era amplamente apoiada, pero que por mor dese boicot o resultado agora mesmo é negativo á retirada do rueiro fascista.

Ao BNG non lle resulta estraño que grupos fascistas prefiran que na Estrada sigamos a ter Rúas como nome do Martínez Anido, Calvo Sotelo, ... O que nos chama a atención é a coincidencia de criterios que ten un partido democrático como o PP con grupos de extrema dereita á hora de manter en moitos concellos do País, e no noso en particular, nomes de rúas e símbolos fascistas no canto de adicárllelas aos mártires do noso Concello, entre os que se atopa un alcalde da Estrada, Jesús Ignacio Puente Fontanes, que a día de hoxe non ten nin unha rúa nin unha placa que recorde que el morreu por defender a unha institución democrática da tiranía fascista.

No BNG non temos medo de ameazas e de boicotes de partidos de extrema dereita, e se o PP non quere cambiar o rueiro fascista da Estrada, esta será unha das primeiras medidas que tomará o BNG de acadar o goberno nas vindeiras eleccións locais de 2007.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal