Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Entrevista con Gonzalo Constenla, Delegado Provincial de Medio Rural   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 4
Malo Bo
Mércores 22 de Novembro de 2006 - 17:01
A Estrada conta por primeira vez cun verdadeiro valedor dos intereses do noso Concello no Goberno da Xunta. Gonzalo Constenla avalía o seu primeiro ano na Delegación de Medio Rural
gonzalo.jpg

De concelleiro na oposición a ser parte no goberno da Xunta. Como avalías este paso?

A nivel persoal é un repto moi importante para min, e de grande responsabilidade, pois agora toca poñer en práctica políticas concretas en resposta a problemas concretos. Isto non quere dicir que, antes, cando era concelleiro, as mocións que presentaba o BNG no Pleno non falaran de cuestións concretas, o que pasa é que nos atopabamos cunha parede, a da maioría absoluta do PP dificilmente franqueábel. De todos os xeitos, en algún momento o BNG logrou superar esa parede para dar solución a un problema concreto, como foi o da subida do IBI, solución, que, por outra parte, foi avalada por unha sentenza xudicial, o cal demostra que non estabamos errados e, o que é máis importante, que actuamos con responsabilidade cando nos tocou, cousa que non fixeron outros.

O BNG en pouco máis dun ano puxo en marcha diversos proxectos para A Estrada.

Efectivamente, o BNG desde a Xunta e desde o Concello puxo en marcha proxectos tan importantes como o da Cidade do Moble, que pretende ser un referente modélico na construción de polígonos industriais sectoriais. Tamén asinou, a través da Consellaría de Medio Rural, un convenio de colaboración coa Cooperativa Monte Cabalar, un proxecto este de grande calado, que pretende poñer en valor o noso medio rural na súa totalidade: o monte, a gandaría, a agricultura e tamén o enlazaremos co turismo rural, pois tamén coas outras Consellarías que leva o BNG (Vicepresidencia, Industria, Cultura e Vivenda) realizaremos un proxecto de desenvolvemento integral de Sabucedo, alén das concentracións parcelarias e o apoio ás estruturas e infraestruturas rurais. Iso sen contar co Centro de Día e Residencia de Asistidos e a Galescola que pretende construír a Vicepresidencia que dirixe Anxo Quintana, e que se hoxe non son xa unha realidade é pola incompetencia do PP á hora de poñer os terreos a disposición deste organismo.

Outros en moito máis tempo fixeron moito menos

Eu diría que non fixeron nada para que A Estrada progresase. O PP gobernou 16 anos na Xunta, e vai para outros tantos no Concello. O Sr. Palmou foi Conselleiro e deputado e nunca se lle viu traer ningunha acción de calado para A Estrada, e se as trouxo eran todo papel mollado como denunciamos no seu día. Acórdanse agora, que non gobernan na Xunta, de pedir o que non pediron nin fixeron nunca. Eu coido que os veciños e veciñas da Estrada están sacando boa nota deste comportamento hipócrita e demagóxico do PP, e avaliarán positivamente o traballo feito polo BNG dende a Xunta pero tamén desde aquí, desde o Concello. Se nun ano os nacionalistas nos esforzamos por facer todo o que se leva dito, que non poderemos facer pola Estrada se contamos cunha alcaldesa do BNG que sintonice perfectamente con esta aposta decidida pola Estrada?.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal