Xoves 23 de Novembro de 2006 - 19:06
Este sábado 25 de Novembro conmemórase, unha vez máis, o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, e desde o BNG da Estrada consideramos que esta é unha data de concienciación social, de memoria e de responsabilidade. Da responsabilidade que cada un/ha como cidadáns temos no camiño da eliminación da violencia que se exerce contra as mulleres polo feito de ser mulleres.
Por este motivo este ano, volvemos a facer un chamamento á participación activa na concentración que se celebrará o mesmo sábado día 25 de Novembro, ás 20.00h, na praza do Concello. Consistirá, ó igual que nos pasados anos, en formar un grande símbolo feminista con velas (velas que cada quen terá que aportar).
Só coa nosa denuncia, co profundo rexeitamento de calquera tipo de discriminación e coa nosa aportación activa, poderemos dar pasos na eliminación deste tipo de violencia. As cifras de denuncias e mulleres asasinadas repítense ano tras ano, recordándonos que aínda segue sendo necesario implicarnos para conseguir erradicar este problema social.
E na Estrada, tampouco quedamos fóra das estatísiticas, xa que tivemos ó longo deste ano titulares de prensa que nos recordaron ata cinco denuncias por delitos de violencia contra as mulleres nunha mesma semana.
Dende o BNG da Estrada, dende hai tres anos, vimos organizando nesta data un acto simbólico que pretende a sensibilicización, a concienciación real e sobretodo, o apoio da cidadanía estradense a todas as mulleres que na Estrada ou fóra da Estrada, foron ou son vítimas de violencia.
Unha vela pode parecer que non significa moito, pero o compromiso de achegarse ata a praza do concello este sábado a amosar o rexeitamento á violencia contra as mulleres, implica un grande paso no camiño que todas, mulleres e homes, temos que andar para conseguir erradicar a violencia contra as mulleres. |
¿¿¿??? Escrito por Visitante en 2006-11-27 17:03:18 ¿Ten algo que ver iste comentário coa violenza sexista? | Galegos SI, Nacionalistas TAMEN Escrito por Visitante en 2006-11-23 19:37:55 Neste modelo de centralismo centralizador e nesta globalización global, nada máis a lingua será o sinal de identidade dos pobos. Tentan rematar con nós de dous xeitos: acubillando a nosa lingua e minguando a poboación. Até 1910 Galiza tiña máis poboación ca Cataluña. Hoxe Galiza ten 2,7 millóns e Cataluña 7 millóns, ou sexa o 38%. Madrid era una pobo coma Pinto ou Valdemoro cando Felipe II levou eili a Corte no ano 1561. No censo de 1530 tiña 4.060 habitantes . Hoxe ten 5,6 millóns de persoas, máis do duplo ca Galiza e acabará por ter media España. Quizabes é que hai minas de ouro, ou diamantes ou petróleo eili? Ou o que reparte e ben reparte... O economista Xosé Díaz Díaz (Terra e Tempo) estudou, o sistema de financiamento que nos presentan dun xeito completamente inverso a realidade. Fáisenos crer que Galiza é subvencionada polo carácter solidario do Estado, cuxos ingresos, non se xeran nela e noutras nacións e rexións, senón que xorden máxicamente no quilómetro cero madrileño e son despois graciosamente repartidos, polo que existimos grazas a tan xeneroso Estado Centralista. No ano 2003 con datos da Axencia Tributaria Estatal recádase o 47,5% do total en Madrid. Porén o seu Producto Interior Bruto (PIBpm) a prezos correntes foi do 17,4%. Esta notoria anomalía na que a recadación (47,5%) é 2,73 veces superior a producción (17,4%) ten dous motivos: 1) a localización na capital dun elevadísimo aparello administrativo (investimentos, altos salarios das Xefaturas...)cuxo custo os teóricos da solidariedade estatal reparten a escote entre todos os españois, xa que nos beneficia a todos por igual, e 2)a localización eili tamén (que casualidade!) das sedes do 80% das empresas públicas, de servizos ou industriais privadas, que teñen os seus centros productivos, contaminan, fan os encoros,etc. na Galiza, no Aragón ou no resto do Estado. O informe de Recadación Tributaria indica que nese mesmo ano, o que Galiza entrega ao máxico Estado foron 7.662 M. de €. No entanto, o que o Estado entrega a Galiza foron 5.717 M. de €. (=2.901 cesta territorializada de tributos+2.816 do Fundo de Suficiencia + Sanidade). Remata así a ficción da solidariedade estatal, que xera os ingresos no quilómetro cero, xa que é ben ao revés e por iso non queren mudar de modelo, deixando que os cidadáns do Estado sigan pagando e Madrid medrando,grazas a súa capitalidade. Mais onde se produce o atropelo dun xeito escandaloso é nos Orzamentos de Inversión, considerando Bens de Todos os españois e polo tanto fora dos orzamentos e das contas da Comunidade Autónoma de Madrid: O Princesa Sofía, Transbordador do Sur, Cubrimento M—30,Aeroporto de Barajas etc. Nada máis por exemplo, o Aeroporto de Barajas cunha dotación de 6.200 millóns de euros é o 63% de TODO o Presuposto anual da Xunta de Galicia . Manda truco! Galiza non recibiu, nin siquer a porcentaxe que lle pertencía pola súa poboación, xerándose nestos anos, coa colaboración do “Goberno amigo” da Xunta un déficit en infraestructuras, emprego, sanidade, educación e servizos sociais, valorado en 21.000 millóns de euros. Aínda coa diferenza que hai entre o Psoe e o partido da guerra e da privatización do Patrimonio do Estado (Telefónica 4.000 millóns levou o Sr Villalonga coas súas Stock Opcións), non pode o modelo centralista facer medrar o resto do Estado. Velaí mesmo Guadalajara, Avila, Teruel,etc.Deste xeito se poñemos o Goberno en Soria, o Parlamento en Jaen e os Tribunais de Xustiza en Lugo, estaríamos a falar tamén de España, non si?, mais ,sería moito máis xusta. Cómpre pois, coller criterio pra saber cales son os nosos, dun xeito organizado ou sentimental, ou non haberá defensa xusta, dos intereses galegos no modelo centralista actual. Emigrar, xa sabemos. Agora queremos un País con futuro eiquí. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |