|
O Governo Municipal do PP favorece aos seus Concelleiros
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Luns 15 de Outubro de 2001 - 00:00
Aquí temos outra mostra, como pasou tamén coas aceras de Santo André de Vea, da política de amiguismo e favoritismos nos servizos públicos que presta o Concello; na parróquia de Arca, un foco de luz pública, que pagan todos/as os/as Estradenses, alumea a eira da casa dun Concelleiro, concretamente o Concelleiro Manuel Rodríguez. O curioso do tema é que foron os próprios viciños
da parróquia de Arca os que instaron ao BNG para facer
pública esta nova cacicada do PP, que ademáis
aproveitaron para facer outra denúncia: o abandono
que sofrendo unha pista moi transitada na parróquia,
que contrasta con outra que hai perto en bo estado e que fai
servizo, casi exclusivo, o Concelleiro anteriormente citado.
A pista en cuestión, Amarelle-A Penela, xa hai moitos
anos que está en mal estado, que empeorou cos temporais
do pasado inverno, tendo que efectuar rodeos cos coches para
evitar a pista. |