Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

2007: Ano Cultural de recuperación da memoria histórica local   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 12 de Decembro de 2006 - 12:25
O BNG solicita que que o ano 2007, cuestión xa solicitada para o ano 2006, sexa declarado ano cultural de recuperación da Memoria Histórica Local “Mártires da Estrada”, e o PP decide que isto non é urxente, malia que estamos a rematar o ano 2006, e pásao por comisión para o seu debate

O 5 de xuño de 2007 fará 70 anos da execución do Alcalde da Estrada en 1937, Jesús Ignacio Puente Fontanes, logo dun xuízo sumarísimo sen posibilidade de defensa e incumprindo a legalidade vixente. O mesmo que o Tenente Alcalde Ramón Fernández Rico. Xunto con outros membros da corporación como o tamén Concelleiro José Rodríguez Sangiao, o ferreiro de Guimarei ou Cándido Tafalla Froiz.

alcalde e concelleiros cos nenos da escola de guimarei
O Alcalde, Jesús Puente Fontanese os Concelleiros da Corporación cos nenos da escola de Guimarei

Manuel Puente Porto, José Gabriel Cespón, José Figueiras Cabaleiro, José Rico Gaiteiro, José María Pena López, Manuel Vázquez Cruz, José Gómez Rivas, Higinio Carracedo Ruzo, José Vidal Puga, Manuel Nogueira González, Manuel Graciano Araujo, os irmáns Erundino e Olegario Ventín Picallo, Clementino Louzao Maceira, Ramiro Salgueiro, e tantos outros que non cometeran outro delito ca defensa da legalidade, foron inmolados naquel momento na Estrada. O noso Concello até o momento non fixo recoñecemento a estes veciños que loitaron pola democracia no noso concello, sen embargo, aínda seguen vixentes os nomes dos seus asasinos nas nosas rúas.

Non quixeramos ter que lamentar, para vergoña da Estrada, que pasara outro ano máis sen acordarse da traxedia que sufriron os nosos veciños. Mesmo desde unha perspectiva estritamente cultural, non se pode ignorar por máis tempo a escritores estradenses coma José Cortés Fernández e Bernardo Mato Castro tamén asasinados nesas infaustas datas.

Por iso, para corrixir este desleixo, atendendo a última vontade das vítimas que era a de ser recordados, tal como sinala o Tenente Alcalde na emotiva carta dirixida a esta Corporación e que xa é de coñecemento público, o Grupo Municipal do BNG, propón novamente ao Pleno a adopción do 2007, no que se cumpren 70 anos da execución do Alcalde e membros da corporación municipal estradense, sexa declarado Ano Cultural de Recuperación da Memoria Histórica Local "Mártires da Estrada".

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal