|
O BNG da Estrada consegue duplicar as inversións de Medio Rural no noso Concello
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Venres 26 de Xaneiro de 2007 - 13:35
Raquel López Doce, portavoz municipal, e Xan Carlos Castro Blanco reuníronse o pasado mércores co Delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla, ao que lle plantexaron unha serie de obras e melloras no medio rural do noso Concello.
As obras e melloras solicitadas son as seguintes:
- Un plan de ordenación forestal para a ordenación parcelaria do monte do Val de Vea
- Tamén se lle plantexou a necesidade de executar a rede de camiños das parcelarias de Arca e Codeseda
- Que se inicie a concentración do monte de Arnois, Loimil e San Miguel de Castro
- A mellora dos camiños de Fraíz en Olives
- Levantamento topográfico en Souto, Santeles, Paradela e Barbude
.
As obras e melloras que lle plantexaron tanto Raquel López Doce como Xan Carlos Castro Blanco suporán un incremento do 50% do investimento realizado pola Consellaría de Medio Rural no ano 2006, e que rozará un orzamento de preto 5 millóns de euros para este 2007. Logo da reunión co delegado os dous concelleiros salientaron a plena disposición da Consellaría na execución das obras e melloras solicitadas polo BNG da Estrada, que contrasta co desleixo e abandono de gobernos anteriores. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |