Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Unha vez máis o tempo vén darnos a razón   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Sábado 27 de Xaneiro de 2007 - 17:32

Cando o BNG dicía que a incorporación Á Unión Europea que pactou o PSOE e bendeciu o PP en 1986 ía ser lesiva para os nosos intereses agro-gandeiros do noso país non estaba facendo un vaticinio aventurado e oportunista. Cando o BNG hoxe en día está a dicir que o Plan Lácteo que aplica o goberno de Zapatero a Galiza é un lastre para o desenvolvemento do noso principal sector produtivo, a realidade vén a darnos unha vez máis a razón, pois Galiza produce máis leite que a que nos permite a cota que se nos aplica dende a Unión Europea vía Goberno Central, sen posibilidade de poder incrementala. Froito disto, hai unha inxente cantidade de "leite negro", que se produce fóra da cota asignada, e, curiosidades do mercado, este leite volta ao noso país transformado en leite foráneo, cando en realidade é leite galego, leite que producen os nosos gandeiros e gandeiras. Por que non se nos deixa producir o leite que consumimos? Simplemente, porque os sucesivos gobernos centrais do PP e do PSOE non queren que Galiza progrese adecuadamente, malia ás grandes potencialidades que ten o noso país.

O BNG da Estrada, a respecto da detención do Concelleiro do PP, José Luis Barcala, pola súa presunta implicación nunha rede de distribución e comercialización do que se vén en chamar "leite negra", entende que debe presentar a súa dimisión, non xa polo delito cometido (trátase dunha presunta estafa á Facenda Pública) se non ademais por pertencer a un partido, o PP, que por un lado instaurou e permitiu a aplicación das cotas leiteiras no noso país, e pola outra parte acubilla persoas, militantes como é neste caso, que se lucran cos problemas que xeran as cotas do leite.

Evidentemente, no BNG da Estrada, non esperamos que José Luis Barcala teña a honradez de presentar a súa demisión, como tampouco a presentaron outros compañeiros de corporación e de partido implicados nun presunto delito urbanístico, do cal aínda terán que dar contas perante a xustiza. De todos os xeitos, se non o fan, serán os veciños e veciñas da Estrada os que se encarguen de "castigalos" nas vindeiras eleccións municipais, porque ningún pobo se pode permitir o luxo de ter uns representantes, alén de ineficaces, vulneradores da lei.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal