O PP non quere adicarlle o ano Cultural aos mártires da Estrada
Calificación usuario/a: / 1
Luns 05 de Febreiro de 2007 - 23:50
No mes de decembro o BNG presentou unha moción na que instaba ao Pleno adicar o ano 2007 a recuperación da Memoria Histórica Local “Mártires da Estrada”. O PP, como era de esperar rexeitou a proposta do BNG na comisión informativa e adicarallo á emigración.
Evidentemente o BNG non se opón a que haxa un ano cultural adicado á Emigración, pero neste ano 2007 cómprese o 70 aniversario do fusilamento do Alcalde da Estrada, Ramón Fernández Rico e parte da corporación, que presidía o Concello en 1937, e consideramos que é un acto de xustiza que A Estrada lembre a aquelas persoas que loitaron por defender as institucións democraticamente elixidas fronte a tiranía ditatorial.
.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo
open source é Software Libre, licenza GNU/GPL Aviso Legal