Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O PP e o PSOE non queren profesionalizar a Fundación do Móbel   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Malo Bo
Martes 06 de Marzo de 2007 - 15:30
O BNG da Estrada apoia á Consellaría de Industria no seu intento de profesionalizar a Fundación de Exposicións e Congresos
Raquel López Doce
Intervención de Raquel López en EstradaTV

O BNG non pode valorar positivamente a elección do xerente da Fundación de Exposicións e Congreos da Estra, malia aos intentos da Consellería de Industria por realizar un proceso de selección baseado en criterios obxectivos de formación e profesionalidade, finalmente a selección se realizase en base a cuestións persoais e políticas, e a un mal entendido localismo, ademais de optar por xerente que presentou unha oferta máis elevada cas outras opcións.

Pacto PP-PSOE
Queremos así mesmo evidenciar que este novo acordo PP-PSOE ven a sumarse aos múltiples acordos que estas dúas forzas políticas veñen mantendo ao longo desta lexislatura: primeiro impedindo a nosa presenza no Padroado da Fundación de Exposicións (repartido a representación do Concello da Estrada entre estas dúas forzas), minguando a nosa presenza nas Comisións Informativas Municipais (temos a metade de representación co PSOE cun edil de diferenza); aliándose e illando ao BNG no conflito do IBI (saíu adiante só co noso apoio); aliándose tamén durante todo o proceso de elaboración do PXOM, ...

Consideramos preciso que evidenciado o pacto co PP, o PSOE explique publicamente cal é o prezo político que pagou polo mesmo, xa que se ben sabemos que o PSOE obtivo a "colocación" dun dos seus concelleiros, descoñecemos cales son os beneficios que lle proporcionaron ao PP.

Elixiuse a oferta económica máis elevada
Non podemos avalar un proceso do cal sae escollido o candidato peor cualificado e que, ademais, presentou a oferta económica máis elevada, e no que insistimos primou o amiguismo e os intereses partidarios.

Localismo mal entendido
Sorpréndenos agora o argumento do "estradensismo" do candidato como maior mérito a ter en conta na selección, xa que son os mesmos Padronos que nos 90 colocaron a un silledense ao fronte da Fundación que conseguiu levala á creba; se o argumento localista fora a cuestión non terían quedado fóra do proceso os numerosos candidatos da Estrada que concorreron ao proceso. Para nós, estradense pode ser calquera que teña por obxectivo defender os intereses da Estrada, ser de aquí non é unha garantía, para mostra temos por exemplo ao Alcalde.

Finalmente, lamentamos a pouca amplitude de miras e a falta de ambición do Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos que podendo optar por profesionais cun perfil profesional e currículo excelente, desaproveita esta oportunidade que sen dúbida tería incidido no desenvolvemento non só do recinto feiral, senón tamén no do sector do móbel con grandes retos por diante, e que debería aspirar a ser referente, non só galego, senón estatal ou mesmo internacional, mirándose en Feiras coma a de Valencia ou a de Milán, e non considerando que o obxectivo é manter o que hai, cuestión esta que para nós é insuficiente.

Apoio á Consellaría de Industria
Manifestamos o noso apoio á Consellaría de Industria e concordamos totalmente co seu obxectivo de profesionalizar a Fundación, a través dun proceso competitivo de selección, do que de non primar os intereses político -persoais tería saído o/a profesional con maior capacidade e cualificación.


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal