Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG está comprometido coa Estrada: no Concello e na Xunta   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 1
Malo Bo
Xoves 08 de Marzo de 2007 - 22:42
O desenvolvemento e medre da Estrada, non pode depender de que no resto do noso país se produza unha parálise

Obviamente o BNG discrepa do concepto de democracia que ten o PSOE, xa que non pode definirse como democrático ningún proceso no que, con carácter previo á reunión do órgano colexiado que ten que adoptar unha decisión –presumiblemente con criterios obxectivos e cos datos que se van obter no transcurso da mesma-, se estableza un pacto que condicione o voto da maioría dos membros do dito órgano. Que o pacto se estableceu con anterioridade á reunión e, a que os Padronos coñecesen os curriculums a avaliar é un feito corroborado tanto polo Alcalde da Estrada en declaracións públicas e tamén polo Tesoureiro da ACE que critica a “rotura da disciplina de voto” por parte dun dos Padronos.

O BNG acata a decisión do Padroado
Aceptar a decisión do Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, é un feito para o BNG, agora ben, isto non impide que como organización política integrante da Corporación do Concello da Estrada (sen representación no Padroado) e como forza política, realicemos a valoración do proceso e llela traslademos á cidadanía estradense, feito que mesmo consideramos a nosa obriga.

Solicitamos do PSOE unha aclaración pública sobre o contido do pacto co PP e o prezo político do mesmo, e na vez disto o PSOE trata de lanzar unha cortina de fume con acusacións insidiosas.

Resulta evidente a toda a cidadanía estradense o apoio á Fundación de Exposicións e Congresos por parte da Consellería de Innovación e Industria, non so economicamente, senón tratando de poñer ao mellor profesional ao fronte da mesma, co obxecto de afortalala e mellorala, cuestión que rexeitaron a maioría dos membros do Padroado escollendo ao candidato con peor curriculum (é unha afirmación obxectiva).

O Sr.Sanmartín dimitiu como membro do Padroado, non por unha cuestión de ética, senón porque estatutariamente é incompatible ser Padrono e Xerente

O BNG na Xunta vólcase coa Estrada
O apoio da Consellería de Innovación e Industria á Estrada, ao seu sector do Moble, e á propia Fundación de Exposicións, non son declaracións de intencións senón feitos:

  • No ano 2007 as Consellerías de Innovación e Industria e Vivenda teñen consignados 33,5 millóns de euros para a Cidade do Moble
  • Nos anos 2005-2006 a Consellería de Innovación e Industria destinou máis de 226.000 € ao Polígono Industrial de ToedoNo ano 2006 a Concellería de Innovación e Industria destinou 126.00€ á Fundación de exposicións e Congresos

A Consellería de Medio Rural investiu na Estrada máis de 2 millón e medio de euros, a Consellería de Vivenda ofertoulle ao Concello a construción de novas vivendas sociais, A Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar ten consignación para a construción da Residencia e do Centro de Día, así coma dunha nova gardería. Estes son datos. Se as Consellerías que están baixo a responsabilidade do PSOE tiveran o mesmo nivel de compromiso coa Estrada, non estaría pechado o Consultorio do Foxo, nin sen corrixir as deficiencias do Centro de Saúde da Estrada, nin en risco o Centro Médico de Codeseda, nin estancada a solución ao Colexio Pérez Viondi, nin os problemas coas infraestruturas viarias, por exemplo.

Por último, non pode demandar o PSOE que na Estrada se acate a vontade maioritaria do Padroado, e ao mesmo tempo se demande que por parte da Consellería de Innovación e Industria se obvien as decisións que os Padroados doutras Fundacións lexitimamente adopten.

Para o BNG o desenvolvemento e medre da Estrada, non pode depender de que no resto do noso país se produza unha parálise, A Estrada conta con potencial suficiente para despuntar por si mesma, agora ben, fai falta unha dirección política que crea nela, actúe en prol dos seus intereses, superando o amiguismo, o caciquismo e os intereses partidarios que abandeiran PP e PSOE.

Comentarios
Escrito por Visitante en 2007-03-23 21:59:18
UNHA DE DÚAS: TÍ OU NON LÍCHES O TEXTO DO ARTIGO OU ME QUERES FACER PARVO
Escrito por Visitante en 2007-03-23 21:58:53
UNHA DE DÚAS: TÍ OU NON LÍCHES O TEXTO DO ARTIGO OU ME QUERES FACER PARVO
PRESENTACION DE FIMOBLE
Escrito por Visitante en 2007-03-20 20:44:05
NESTOS ÚLTIMOS DÍAS ESCOITEI QUE VAISE CELEBRAR UNHA NOVA FEIRA DO MOBLE EN LUGO. O QUE QUERO SABER É COMO SE PERMITE TAL COMPETENCIA ENTRE FEIRAS NO NOSO PAÍS. E COMO UN CONSELLEIRO DO BLOQUE PERMITEO. E GUSTARÍAME SABER QUE SE ESTA FACENDO DENDE AS FILAS DO BLOQUE NA ESTRADA. DEBEMOS TER EN CONTA QUE É A ÚNICA MANEIRA DE QUE O NOSO POBO MEDRE, XA QUE O LADRILLO E PAN PARA MOI POUCOS E FAME PARA TODOS O DÍA DE MAÑA.

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal