Venres 09 de Marzo de 2007 - 23:46
O Consello Nacional do BNG, reunido hoxe sábado en Santiago, nomeou a Raquel López Doce, Responsábel da Comisión Nacional de Servizos Sociais.
Estas Comisións Sectoriais do BNG están creadas para debater e definir propostas de políticas temáticas que deba desenvolver o BNG na súa acción política, contribuíndo á elaboración, unificación e homologación da política do BNG neste eido.
O cargo de Responsábel da Comisión Nacional de Servizos Sociais, ten cecais, un plus engadido de responsabilidade, xa que a área temática desta comisión afecta a unha das áreas de responsabilidade do BNG no Goberno da Xunta, concretamente na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Recordar que Raquel López Doce, Candidata do BNG á Alcaldía, é Diplomada en Traballo Social, e experta en Xerencia de Servizos Sociais e profesionalmente é Traballadora Social na atención primaria municipal, polo que o dominio nesta área está sobradamente garantido. O BNG da Estrada quer felicitar a Raquel López por este nomeamento, e congratúlase de ter entre as súas filas a unha persoa traballadora, seria, rigurosa e responsábel, que ve premiado a seu traballo dentro da organización con este nomeamento do Consello Nacional do BNG. |