Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O PP e o PSOE outorgan un contrato de 280.000 euros sen concurso público   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 3
Malo Bo
Xoves 22 de Marzo de 2007 - 10:25

Unha vez máis ponse de manifesto a entente cordiale destes dous partidos e os representantes do PP e do PSOE na Fundación Cultural A Estrada outorgaron un contrato de 280.000 euros para a adquisición de "kits de acceso" imprescindíbeis para a conexión á rede wifi de A Estrada Dixital, alegando que a empresa elixida é a única empresa dentro do Estado Español, que pode subministrar este tipo de aparatos.

O noso representante na Fundación Cultural, Xosé Manuel Baños, votou en contra desta decisión, xa que considerou sospeitoso que se outorgue "a dedo" un contrato a unha empresa determinada, escusándose en que non hai ningunha outra que poida subministrar este produto, entre as moitas empresas galegas e de fóra de Galiza que importan produtos electrónicos de todo tipo.

Unha argucia legal discutíbel e unha exclusividade bastante oportuna

Por moi democrática e legal que sexa a decisión, nega a outras empresas do ramo poder competir en igualdade de condicións e de oportunidades por este suculento contrato de 280.000 euros, utilizando unha argucia legal discutíbel e unha exclusividade bastante oportuna.

A rede wifi custou 141 millóns de pesestas
O BNG da Estrada denunciou no seu día que este "kit de acceso" sería necesario para que moitos dos usuarios e das usuarias da rede municipal puideran conectarse sen problemas; mais a Fundación Cultural A Estrada, cos votos favorábeis do PP e do PSOE outorgou o contrato da instalación da rede inálambrica a Softgal que consideraba que "os usuarios finais non precisarán, en xeral, equipamento de acceso específico á rede". Pero a cruda realidade demostrounos que non só tiñamos razón, senón que ademais este elemento sería imprescindíbel para que a rede wifi do Concello da Estrada funcionara correctamente en todos os casos, e froito da nula previsión e planificación agora A Estrada Dixital ten que gastarse 280 mil euros máis, que sumados aos 567 mil que custou a implantación da rede, suman 847 mil euros (case 141 millóns de pesetas).

Comentarios
Ven apophis, ven.
Escrito por Visitante en 2007-11-29 13:21:17
Xa estou canso deste planeta, os políticos sempre igual, os funcionarios algúns nin corrixen examens na escola, os que mais cobran mais queren, apretade xa o botón nuclear e acabemos con esto.
en Galiza se poden facer subministros de
Escrito por Visitante en 2007-07-06 14:08:42
non parece que señan equipos moi complicados. Outra xousa e que a entidade que os compra queira adxudicar a dedo
As características técnicas
Escrito por Visitante en 2007-03-22 15:13:32
As características técnicas pódense descargar desde a seguinte ligazón 
http://www.benega.info/aestrada/descargas/AED_PRESCRICIONS_TECNICAS_KITS_USUARIO.pdf 
 
Saúdos 
BNG da Estrada
características técnicas
Escrito por Visitante en 2007-03-22 11:23:36
podemos conoce-las características técnicas deste "kit de acceso"?

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal