Venres 30 de Marzo de 2007 - 16:23
O BNG demanda na moción urxente que presentou o día 30 de m,arzo, a dotación urxente de auga corrente que é a necesidade máis perentoria, e manifesta ou seu compromiso de introducir esta escola na rede de centros socio-veciñais que a partir de xuño de 2007 pretende promover en todo o territorio municipal
O 30 de marzo o BNG da Estrada presentou unha Moción urxente para que o Concello dote de auga corrente á escola de Sto. André de Vea, xa que a esta escola acoden diariamente nenos e nenas do val de Vea, que non poden utilizar os servizos hixiénico-sanitarios porque non hai auga, feito comunicado en reiteradas ocasións, así coma outras importantes deficiencias que veñen sendo denunciadas ao longo dos últimos 12 anos pola Asociación Tamparrantán, que finalmente denunciou por escrito no Concello o 15 de decembro de 2006 e sen resposta a día de hoxe. Como xa dixemos, nesta escola ten o seu local social unha asociación cultural, á que ademais das persoas adultas que participan das actividades, acoden diariamente nenos e nenas de todo o val de Vea, na que se dan clases de gaita, baile tradicional, así como outras actividades. A asociación cultural tras anos de requerir do Concello (propietario da escola) os arranxos máis básicos ou autorización para acometelos a propia Asociación sen obter resposta positiva, presentou un escrito con máis de oitenta sinaturas solicitando algo tan básico como a auga. Dáse a paradoxo que no outro lado da escola (está divida en dúas metades) A Estrada Dixital instalou un dos rural centros, na que se gastaron miles de euros, pero na outra parte non teñen nin auga.
A situación é grave, xa que hai que ter en conta que a esta escola acoden nenos e nenas moi pequenos e algo tan básico como o funcionamento dos servizos hixiénico-sanitarios é unha prioridade que o Concello debería arranxar nada máis teña coñecemento das deficiencias detectadas, pero a parálise, denunciada en múltiples ocasións polo BNG, que caracteriza ao Goberno Municipal do PP, chega a afectar a elementos básicos como os denunciados pola asociación e apoiados polo BNG. |
Escrito por Visitante en 2007-04-11 16:29:48 esto é unha vergoña! mais de 10 anos de andadura, e cada día vamos a peor. xa non é aceptable que non fagan nada, pero menos aceptable é que non deixen facer (recordemos o caso do arranxo dos xardíns que levou a cabo a asociación, e nos obligaron a desfacer). será que este governo do PP non sabe mirar de frente os problemas, e faino por atrás (estamos á esquerda mirando por atrás , amigos) e xa se sabe. | aestragada.com Escrito por Visitante en 2007-04-03 21:01:02 Videos e noticias da política estradense www.aestragada.com Espero a vosa opinión.
|
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |