|
|
O escándalo das facturas telefónicas do Alcalde II
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 1
|
|
|
|
Luns 15 de Outubro de 2001 - 00:00
En relación á resposta do Alcalde a respeito
do gasto de 511.822 pts en chamadas de teléfono
móbil durante un só mes asi como os gastos
disparatados da factura telefónica global do Concello,
quixeramos puntualizar o seguinte:
- As devanditas declaracións poñen de manifesto
que o sr. Alcalde, como adoita demostrar continuamente,
ignora cal é o funcionamento da própria administración
local, cando di acusatoriamente e sen probas, descargando
a ira que lle provoca que se aireen as suas falcatruadas,
que foron funcionários municipais quen filtraron
as cifras, pois segundo el "non se entrou en detalles
en ningunha comisión de governo".
Destas afirmacións desprende-se que Ramón
Campos non sabe o que di, o que le e o que asina, pois
a facturación detallada por móbiles e fixos
vén recollido, como adoita acontecer, no Decreto
nº 227/2001 asinado polo seu puño e letra o
6 de marzo de dous mil e ademais o próprio Alcalde
deu conta do mesmo ao Pleno da Corporación no mes
de abril, decretos que, como é a nosa obriga como
concelleiros, lemos.
A este respeito, o grupo municipal do BNG quere deixar
claro que a actitude dos funcionários municipais
é dunha total profesionalidade respeito aos direitos
que temos os concelleiros a acceder a toda a documentación
oficial que lle solicitamos cando precisamos recabar máis
información, como aconteceu con este caso.
- O nerviosismo do Alcalde leva-o a intentar derivar as
responsabilidades deste escandaloso gasto nos "14 membros
do grupo de governo que tamén usan o móbil",
perante o cal nos facemo-nos as seguintes perguntas: Desde
cando o grupo de governo ten 14 ediles? E se se refere aos
concelleiros do Partido Popular, está insinuando
que os concelleiros do seu partido que non teñen
responsabilidade de governo (os que non forman parte da
Comisión de Governo) tamén fan uso do móbil
con cargo aos Orzamentos do Concello? Se non forman
parte do Governo, é que están usando os
cartos públicos para actividades que non teñen
que ver coa xestión municipal? Se na factura
aparecen referidas 345.988,01 pts en concepto de itineráncia
no estranxeiro, quer dicer que o Alcalde levou aos 15 concelleiros
de paseo con el?.
- Xa que o Alcalde o saca a relucir, gustarianos que se
aclara-se dunha vez a respeito da sua viaxe á Arxentina.
Primeiro declarou que ía en viaxe oficial. Despois,
a perguntas do BNG sobre a considerábel longa estadia
alén-mar, desdixo-se que a parte oficial só
fóra a asistencia a unha celebración na sociedade
estradense en Bos Aires (é dicir, o Concello tivo
que pagar o seu billete de avión (173.00 pts) -e
só faltaria que lle tivese que pagar os da sua muller,
como el mesmo deixa caer- para , como quen di, ir de festa
un dia a Bos Aires). E que acontece co resto do mes e pico
de estadía alá? A dita celebración
durou tanto tempo? Non será que o Alcalde aproveitou
que o Concello lle pagase os gastos para facer unha visita
privada ou quizá de negócios persoais?.
- Como xa temos indicado noutras ocasións, resulta
patética a pretendida actitude "benefactora"
do Alcalde, que mesmo parece que está perdendo cartos
á fronte da Alcaldía, cando moitos cidadáns
sospeitan que mesmo fai negocios a conta dela. Ramón
Campos mente cando di que el non cobra nin un peso do Concello.
En primeiro lugar hai que aclarar que recibe 15.000 pts
por cada Comisión de Goberno (semanal) e Pleno (mensual,
máis sesión extraordinarias) que preside,
ademais das indemnizacións por representación
en Órganos Colexiados, Tribunais de Oposicións,
etc. Estes emolumentos supuxeron unha nada desdeñábel
cifra total de 1.155.799 pts (indemnizacións por
presidir Comisións de Governo, Plenos e Tribunal
de Oposicións) máis 123.198 pts (por representación
do Concello en Órganos colexiados) no ano 2000, o
que fai un total de 1.278.997 pts, que se sumaron ao cobro
da sua pensión de xubilación.
- Respeito á non cobrar a dedicación exclusiva,
hai que lembrar que foi o propio Alcalde quen renunciou
a ela cando se xubilou, por ser incompatíbel coa
súa pensión. Se o fixo, non foi por aforrarlle
os cartos ao Concello (a dedicación exclusiva pasou
ao 1º Tenente de Alcalde e logo creou-se unha nova
para o concelleiro Maceira), senón por conveniencia
persoal. É dicer, cobrou mentres puido, e agora
recibe ingresos oficiais por partida dobre. Ou sexa que
o de "non cobrar nin un peso", como dixo onte
o sr. Alcalde, é unha mentira de Ramón Campos.
|
|
 |
| Boletín |

Descarga o boletín de maio 2009
|
|
| Acordo PSOE-BNG |
 |
|
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG
|
|
| Novo Estatuto |

|
As últimas noticias no teu escritorio  |
|