Martes 10 de Abril de 2007 - 18:34
A Consellaría de Medio Rural investirá, grazas ás xestións feitas polo BNG da Estrada, máis de 4.600.000 € neste ano 2007, o que contrasta co que investiu o PP nos últimos cinco anos de goberno na Xunta, que só investiu pouco máis de 3.400.000 €, o que é indicativo do grao de compromiso que tiña o Partido Popular co noso Concello a pesares de ter entre os seus Conselleiros a destacados membros do PP local, que foi incapaz, o mesmo que o PP na Alcaldía da Estrada, de traer investimentos para A Estrada e sacala da parálise na que leva anos encaixada, grazas á súa falla de iniciativa política para solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas.
De entre os investimentos previstos destacamos a execución da rede de camiños nas parroquias de Arca e Codeseda, cun investimento de 3.386.000 €; nestas dúas parroquias tamén se investirán máis de 100.000 € para o proxecto de concentracións parcelarias que se levarán a cabo. O BNG da Estrada tamén conseguiu o compromiso da Consellaría para a execución da obra da traída de auga na parroquia de Couso, para o que se destinarán máis de 400.000 €. A parte do referido, a Consellaría aportará á Cooperativa Monte Cabalar, coa que asinou un convenio de colaboración, máis de 240.000 €.
O BNG da Estrada consegue investimentos e obras das Consellarías que dirixe na Xunta para o noso Concello a pesares de non gobernalo, o que contrasta o co executado por uns, o PP, e co prometido por outros se gañan as eleccións municipais, o PSOE. |
Aclaración Escrito por Visitante en 2007-04-25 15:18:34 Eu son o que puxo o de impresionante. E non son o que censuraron. Que quede claro. Iso si, o meu comentario tardou dous días en ser publicado. | agradecimento Escrito por Visitante en 2007-04-23 22:45:11 moitas gracias por censurar opinións. Hai unha semana que enviei un comentario a esta nova e estou agardando que o publiquedes. Se non queredes comentarios nom poñades a opción, ou avisade de que van pasar un filtro. Que eu lembre non insultaba a ninguén. | Impresionante Escrito por Visitante en 2007-04-23 21:44:40 O que hai que saber agora é se o Concello da Estrada merece todo iso ou nolo dan porque o delegado é daquí. Porque igual hai outros sitios onde se precisan máis eses cartos, non sei. E como contrapartida despois igual se fai falla algo da consellería de educación non nolo dan porque vai para Lalín... Non sei, paréceme un tanto propaganda... tipo popular. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |