Xoves 30 de Agosto de 2007 - 21:52
 O BNG ven de apresentar no rexistro da Consellaría de Innovación e Industria unhas alegacións para modificar o proxecto de Parque Eólico que se tenta instalar nos montes de Arca, solicitando nas mesmas o soterramento das liñas de alta tensión para evitar o impacto ambiental e visual, na saúde das persoas e mesmo no económico que teñen as liñas deste tipo de instalacións de aproveitamento eléctrico. Así, dende o punto de vista visual e ambiental as alegacións inciden que este impacto non pode valorarse unicamente dende dous puntos, A Estrada e A Somoza, como se fai no proxecto, senón que debe facerse tamén desde outros puntos de interese socio-económico do noso Concello, como Ouzande (capela románica), Guimarei (Torre medieval), Tabeirós, etc., e atender tamén á LAT xa existente (Portodemouros – Caldas de Reis).
Alén disto, as implicacións dunha nova liña de Alta Tensión Aérea son numerosas, ademais do impacto medio ambiental e visual, a zona afectada polo trazado está a ser recuperada para a produción silvo-pastoril a través dun Proxecto Singular (Monte Cabalar) con importantes obxectivos de desenvolvemento socio-económico, así mesmo cómpre ter en conta o impacto que sobre a saúde pública teñen as LAT, o impacto negativo sobre actividades como o turismo (tanto polo feísmo como pola alarma social que xeran), o maior risco de incendios forestais debidos á atración destes tendidos ao aparato eléctrico atmoférico, etc., |