Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Resposta ás declaracións do Sr. Louzán   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Malo Bo
Domingo 09 de Setembro de 2007 - 18:28
A Deputación de Pontevedra eliminou toda aportación económica á Fundación de Exposicións e Congresos desde o ano 2005, mentres o PP e o PSOE gardan un silencio cómplice

O BNG insiste en pospoñer até despois da "Feira do Moble" o debate reavivado irresponsablemente polo PP o pasado venres sobre a Fundación, nas vésperas deste evento, con acusacións falsas e infundadas que serán rebatidas no seu momento, e ás que se adheriron as restantes forzas políticas da Estrada, amosando o seu desinterese polas repercusión e prexuízos que iso poida causar na "Feira", con tal de sacar tallada partidaria.

O BNG convoca para o vindeiro luns 17 - unha vez rematado o evento máis relevante que realiza esta Fundación - unha rolda de prensa para dar resposta as calumnias ás que tivemos que asistir nos últimos días. Se ben, non podemos deixar sen responder, xa de xeito inmediato, as declaracións realizadas polo Sr. Louzán no acto de inauguración, que se usou para envelenar o ambiente da feira cunha serie de insinuacións e imputacións incertas que poidan dar a entender falta de respaldo a esta convocatoria ou boicot pola nosa parte cando precisamente facemos un chamamento a que os visitantes acudan masivamente a pesares da imprudente intoxicación xerada.

En primeiro lugar a non asistencia do Conselleiro de Industria débese exclusivamente a que non foi invitado a presidir este acto a pesar de ser a única institución supramunicipal que pon diñeiro. No seu lugar foi convidado o presidente da Deputación, entidade que suprimiu toda axuda á Fundación desde 2005, ano de cambio de goberno na Xunta.

Resulta o colmo que se use un acto protocolario para criticar a quen apoia realmente á Feira, á Consellería de Industria, e que esta crítica veña do Presidente dunha entidade membro do Padroado que non puxo nin un euro para esta, e mesmo a prexudique coas súas declaracións, o que demostra o cinismo que caracteriza a esta señor. Por certo, as dúas forzas presentes no Padroado, PP e PSOE, non abriron a boca cando a Deputación eliminou a súa aportación, do que o BNG da Estrada non tivo coñecemento no seu momento xa que non está representado no Padroado, ao ser excluído estas dúas forzas.

Queda pois reafirmado o apoio do BNG da Estrada á Feira do Moble co fin de evitar calquera retraemento de visitantes como consecuencia destas condutas partidistas, e apelamos á unidade de todos na defensa real do noso moble, adiando até o momento oportuno o debate lexítimo sobre os diferentes modelos de entender o que debe ser o funcionamento das Fundacións e dos recintos feirais en xeral, e concretamente no caso do Pazo de Congresos e Exposicións da Estrada.

Desde o BNG reitérase na chamada á prudencia co chamar a atención do que é realmente importante, a Feira do Moble, e para que a polémica non detraia visitantes á mesma.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal