|
O BNG pregunta no Congreso pola Variante da Estrada
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Luns 10 de Setembro de 2007 - 18:28
A Deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, apresentou o pasado día 4 de setembro unha pregunta no Congreso dos Deputados, interesándose polo grao de cumprimento das partidas orzamentadas para a construción da variante da Estrada.
Temos que lembrar que esta obra, necesaria para desconxestionar o tráfico da N-640 que pasa polo centro da vila, leva consignándose nos orzamentos desde finais dos anos 80, desde o segundo mandato de Felipe González, e que grazas ás negociacións feitas polo BNG para co Goberno Socialista de Zapatero foi quen de incrementar até 400.000 euros as partidas adicadas á variante da Estrada.
Olaia Fernández Davila, comentou hoxe en rolda de prensa na Estrada que coa pregunta parlamentar o BNG pretende saber cal é o grao de cumprimento das partidas negociadas co PSOE nos orzamento de 2007, e a aludida anteriormente en particular, para, en función do grao de execución, o BNG votará favorabelmente ou non aos orzamentos do vindeiro ano. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |