Luns 10 de Setembro de 2007 - 18:32
Olaia Fernández Davila deu conta hoxe en rolda de prensa na Estrada, que o BNG solicitou a devolución ao goberno do proxecto de Lei de Desenvolvemento Rural por considerar que invade competencias propias de Galiza, pola definición de núcleo rural e medio rural, que deixaría fóra de tal catalogación ao noso Concello por ter máis de 20.000 habitantes; desde logo se por algo se caracteriza A Estrada é por ser un Concello eminentemente rural, onde vive a meirande parte da nosa poboación.
O BNG solicita que a definición, vital para que os concellos rurais podan percibir axudas e subvencións, debe corresponder aos gobernos autonómicos, máxime cando, como no caso galego, que ten competencias exclusivas nesta materia, o que deixa en evidencia, unha vez máis, a concepción dunha España “grande y única”, como dixo a Deputada Olaia Fernández Davila, nada que ver coas declaracións do Sr. Zapatero, onde fala da España plural, da asimetría, etc, etc. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |