Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

Historia do BNG da Estrada   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 2
Malo Bo
Luns 15 de Outubro de 2001 - 00:00

Os primeiros Tempos:
Facer memória dos comezos do movemento nacional-popular na comarca da Estrada non é doado. Eran tempos sen ordenadores, con máis anceios de traballar e actuar políticamente que de organizarse, e, por suposto, sen nengún espíritu arquivador ou de garda de documentos. Eran ademais tempos de represión nos que compría ter certos coidados, polo que non se adoitaban escribir nomes ou datas. Xa que logo os documentos escritos deses comezos non existen, polo que hai que tirar da memória dos protagonistas, que non é moita por certo.

Era a primavera do ano 76. O dictador FRANCO morrera en novembro do ano anterior, e daquela andábase a artella-la chamada Reforma Política.

Das conversas de dous mozos interesados en facer algo no eido político no país, Manolo Chao e Xoan Docampo, sae a intención de coñocer algo máis da AN-PG . Chao viña de Portonovo onde xa tivera os seus arrimos ó nacionalismo e militara na Liga Comunista Revolucionaria.

Establécese un contacto coa organización e desprázase á A Estrada, Xosé González ("Pepiño de Redondela") e a súa compañeira.

Nunha mesa da terraza da desaparecida Cafetería CENTRAL, ao aire libre, faise a presentación da ASEMBLEA NACIONAL-POPULAR GALEGA.

Nacía así o primeiro xérmolo organizativo do movemento nacionalista. Nesas datas, antes do 25 de xullo do 76, achéganse á organización homes e mulleres como Tarrio de Toedo, Bustelo, Severino e as súas compañeiras, de VEA, o Pantelo de Callobre, Corral de Trasmonte, e Felisa de Curantes. Tamén se integra na Estrada xente de Cuntis e de Lalín : Fernando e Isabel e Humberto, da vila do DEZA, e Xan Renda, a súa compañeira e Manolo, de Cuntis.

Algúns militantes que xa estaban integrados en Santiago axudan
a consolidar a organización na vila estradense, como Xosé Porto ("Pepe de Rivela"). Son algúns dos nomes deses comezos, aos que axiña se irían unindo outros como Castedo e Carballo da Estrada, Rodri de Forcarei, ou Lolita de Cuntis.

Aquel ano, 1976, a AN-PG da Estrada participa como tal, no seu primeiro DIA DA PATRIA GALEGA en Santiago.

Pasado, o 15 de decembro, o Referendo para a Reforma Política, o estado español preparábase para os primeiros comícios xerais, en xuño do 77. Era a etapa do medre e o asentamento da organización nacionalista na Estrada, sen un gran traballo externo. Traballábase conxuntamente coa zona de SANTIAGO, e un representante estradense formaba parte da direción comarcal
compostelá.

Malia todo os atrancos participábase nos procesos electorais e referendos tratando de estar presentes nas mesas. Axudaban nestes labores simpatizantes que logo pasarían a seren futuros militantes. É o caso de Manuel Rendo que dende o 77 andaba na órbita do BN-PG colaborando como independente.

En Novembro do 78 particípase na campaña nacional contra a Constitución española que rematou cunha serie de manifestacións o 16 de novembro, previas ó referendo do día 6 de nadal.

Ao tempo que medraba paseniño a organización, traballábase nos eidos laboral e sobretodo do agro. Foise colaborando no artellamento das Comisións Labregas na comarca, que avanzaban da man de militantes da AN-PG. Foi por entón, ano 78, cando se realizou a primeira grande mobilización dos labregos galegos polo problema dos prezos do leite. Non se fixo a recollida durante moitos días, e a loita foi dura e controvertida.

O ano 1979 foi eleitoral por partida doble. En MARZO celebráronse eleicións xerais. A candidatura de Pontevedra do creado BLOQUE NACIONAL-POPULAR GALEGO ,conformado pola UPG e a AN-PG, recoñecía dalgún xeito que o nacionalismo medraba na Estrada, ó se incluír na lista ó estradense XOAN DOCAMPO.

Xoan DOcampo tamén encabezou a primeira candidatura nacionalista presentada a uns comicios municipais, que se celebraron en abril dese mesmo ano. Artellar esa candidatura foi un paso adiante moi importante para o BLOQUE que gañou en simpatizantes e presenza pública.

Nesa candidatura integrábanse 23 persoas das que 6 ían baixo as siglas da AN-PG, 3 da UPG e o resto coma independentes.


Papeleta da Candidatura do BN-PG en 1979

A lista non acadou representación por un escaso número
de votos, pero o proceso eleitoral servíu para atraer a xente nova ó nacionalismo ou para acadar a definitiva integración organizativa dalgúns simpatizantes.

Por esas datas , maio do 79, ábrese un novo vieiro de actuación nun eido ata entón esquencido.

Como xa queda dito traballábase nas CCLL e tamén no campo sindical onde os militantes da AN-PG foron os que levaron o peso da implantación da ING (Intersindical Nacional Galega) despois da desparición do SOG. Co seu apoio celebráronse na comarca as primeiras eleicións sindicais e abriuse un local do sindicato nacionalista.

Pero o novo campo de actuación foi o cultural. En maio celebráronse eleicións constitutivas na Asociación Cultural "A ESTRADA". A súa creación era cousa do CIT que pretendía deste xeito conseguir o regueiro de subvencións que se anunciaban dende a Xunta para oss movementos culturais.

Forzas progresistas da vila (daquela PCE, PSOE, LCR, AN-PG e PSG) traballaron unidas para presentar unha candidatura consensuada que "arrasou". O primeiro presidente foi Xosé A. Fondevila, durante un ano. Despois sería substituído por XOAN DOCAMPO, por entón responsable local da AN-PG, e dende o ano 84 por MANUEL RENDO.

Durante moitos anos esta Asociación foi cáseque o único referente cultural da vila. O seu traballo foi máis aló do que se adoita considerar "estrictamente cultural" e convertiuse no motor da exposición e debate dos problemas da vila: problemas co idioma galego no ensino, derrube da Praza de Abastos, encoros, etc.

Sen querermos apropiarnos do traballo da Asociación, non deixa de ser certo que foron os militantes nacionalistas os que levaron o peso da dirección e da execución de todo tipo de labor cultural que alí se fixo.

A finais do 79 e comezos dos 80 ábrese unha nova fronte de conflicto na comarca: un mestre do Colexio Público de O FOXO é represaliado por falar galego nas aulas. ALFONSO CASTRO non é militante nacionalista pero simpatiza co BNPG e sabe que vai ter o seu apoio. En Marzo do 80, celébrase na Estrada unha manifestación nacional contra o bilingüismo, quizais a mobilización reivindicativa que máis xente xuntou na vila.

Así contaba o problema o CEIBE (voceiro da AN-PG) do mes de abril.

Nos meses de outubro do 81 e do 82 hai eleicións autonómicas e xerais respectivamente. Francisco Rodríguez, ensinante na Estrada e activo militante na zona, forma parte das candidaturas do BN-PG, ocupando o segundo posto na lista de Pontevedra nas autonómicas, e o terceiro na Coruña , nas xerais. Canda él, vai nas dúas listas o estradense MANOLO CHAO. MANUEL RENDO faría o propio nas autonómicas do 93 no posto noveno.


Manifestación Nacional contra do Decreto de Biligüismo, A Estrada de 1980

A comarca estradense comeza a ter un peso na organización nacional e aumenta tamén a presenza do nacionalismo na rúa.

O traballo político segue xunguido aos campos sindical e agrário, e sobretodo ao cultural. Séguese a máxima de "ir acadando pequenas leiras de poder en todos os eidos posibeis".Xa que logo inténtase a presenza dos militantes en todo canto recuncho se pode: deporte, cultura, reivindicacións cidadáns, etc. A falla de representación municipal obriga a este tipo de actuación. O futbol sala ,os campionatos de chave, as exposicións de cerámica ou o cine, organizados todos dende a Asociación Cultural, non pechaban as portas a outras reivindicacións fomentadas dende o BNPG como a oposiciòn aos encoros do ULLA e o UMIA ,ou a protesta polo derrube da Praza de Abastos.

A respeito dos encoros que se proxectaba no ULLA, hoxe aínda sen construir en parte polas protestas xurdidas daquela, organizáronse reunións parroquiais, charlas veciñais, constitucións de asociacións de afectados e mesas redondas. Facilitouse ademais a informaciòn precisa para sabermos o que se tentaba facer nun tempo en que todo era oscurantismo arredor dos proxectos.

No que atinxe á antiga PRAZA DE ABASTOS, o BLOQUE foi a única forza política que se opuxo ao seu derrube, un empeño persoal
do alcalde Jesús DURÁN.
Organizáronse charlas e debates, mobilizáronse ós vendedores do mercado. Mesmo se ofreceu un anteproxecto de reforma do inmoble para que non se tirara o existente. Todo foi inútil porque a teimudez de DURÁN rematou cun dos poucos edificios senlleiros dunha vila moi nova. Foi tamén o finiquito dunha praza que nunca se repuxo do parón que provocaron as obras.

Como queda dito nos anos 81 e 82 houbo eleicións autonómicas e xerais. No 83 tamén houbo comicios municipais.O BNG presentou a MANUEL ANGEL RENDO LEMA como cabeza de lista dunha candidatura na que se incluían moitas das persoas que xa foran nas eleccións do 79 o que dá unha idea da consolidación da organización na Estrada. Tamén nesta ocasión a candidatura nacionalista quedou ás portas de acadar representación.

A próxima cita coas urnas municipais sería no 85.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Boletín
boletin
Descarga o boletín de maio 2009

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal