|
O BNG acorda por unanimidade entrar no Goberno Municipal da Estrada
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 7
|
|
|
|
Sábado 06 de Outubro de 2007 - 21:44
O BNG da Estrada reunido hoxe sábado en asemblea aprobou por unanimidade entrar a formar parte do goberno municipal do noso Concello, logo das negociacións que mantiveron o BNG e o PSOE para acadar un goberno forte é estábel para os vindeiros catro anos.
Froito deste acordo o BNG tería a Primeira Tenencia de Alcaldía, así como as delegacións de Facenda, Medio Rural, Turismo e Participación Cidadá, a presidencia de dúas das nove comisións, e dous representantes na Xunta Local de Goberno.
Alén disto, no acordo ratificado hoxe en Asemblea, márcanse as directrices que ten que seguir o goberno municipal para a aprobación definitiva do PXOM, cousa que se compromete a facer en 12 meses, e cuxos detalles se darán a coñecer na vindeira semana, logo da sinatura pública deste acordo. |
Ánimo Raquel Escrito por Visitante en 2007-10-08 00:59:05 @s moit@s estradenses que votamos polo BNG en maio cremos que a estrada cometera unha inxustiza co BNG. E tamén con Raquel, unha persoa traballadora e rigorosa, contra a quen se iniciou unha campaña inxuriosa de demonización, acoso e derribo. Agora, xunto con Xoán Carlos e Maribel, van ter a oportunidade de demostrar a súa valía. E se non, por que o psoe petou á porta do bng á desesperada? Por que o que antes dicía que era "moito pedir" agora recoñece que era o que se establecía no pacto galego? Mil parabéns pola coraxe, a constancia e a coherencia do BNG. | Parabens... Escrito por Visitante en 2007-10-07 04:10:06 Noraboa a todos polo logro conseguido. De ser imposible..., a dificil... a finalmente realizable..., houbo un longo e duro percorrido que moitos de nos estabamos a esperar... Agora queda un tan longo e duro camiño por acertar nas decisións que se tomen. Parabens a todos outra vez. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |