Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG dá acara ccontra a violencia de xénero   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Sábado 24 de Novembro de 2007 - 20:21
O BNG pulará para que o Concello da Estrada cree un fondo de emerxencia, contemplando no orzamento municipal do vindeiro ano, unha partida específica para tal fin, que sirva para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero do concello que de maneira urxente necesiten recursos

Na loita contra a violencia de xénero as pancartas e os lemas partidistas deben ficar a un lado, porque ninguén ten a exclusiva na loita contra a violencia de xénero

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación.

Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero son pasos necesarios para loitar contra este fenómeno. A Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero é un instrumento para unha nova abordaxe da violencia de xénero no ámbito galego co fin de conseguir unha verdadeira realización do principio de igualdade entre mulleres e homes, porque un dos obxectivos prioritarios de toda sociedade democrática é a igualdade entre os homes e as mulleres e unha unha clara expresión da desigualdade é a violencia de xénero.

A sociedade galega non debería aceptar ningunha forma de violencia de xénero, e as institucións locais teñen que tomar consciencia e responsabilizarse na tarefa de eliminación da violencia exercida contra as mulleres. Tomar consciencia é un paso que hai que dar de modo colectivo, desde o mundo laboral, as institucións, os medios de comunicación, o ensino, etc, mas tamén é un paso que se debe dar de modo persoal e individual.

Para construír unha sociedade baseada nos valores democráticos de igualdade entre mulleres e homes, necesitamos de medidas lexislativas ou contributos desde as administracións públicas, que o BNG leva poñendo en marcha onde ten responsabilidades de goberno, mais aínda é necesario o compromiso social. Este compromiso social constrúese desde a solidariedade persoal á hora de condenar sen paliativos as accións de violencia contra as mulleres, de denuncialas e facer visíbeis as nosas denuncias.

Por iso o BNG desta volta quere chamar tamén á responsabilización e ao compromiso persoal de cadaquén. Os agresores non deben achar respaldo para continuar con “normalidade” a súa vida mentres as mulleres agredidas pasan auténticas dificultades para recuperar as súas vidas. Estas dificultades son moitas e teñen que ver co aspecto económico, laboral, familiar e social.

No momento en que vivimos, onde as mulleres seguen a ser obxecto de maos tratos e moitas perden a vida a mans da súa parella ou ex-parella, non cabe ollar para outro lado, debemos dar a cara todos e todas, e asumir homes e mulleres que coa violencia de xénero non caben medias tintas. Contra a violencia machista debemos actuar todos e todas. Todas e todos somos testemuñas, e podemos escoller entre ser cómplices ou ser persoas solidarias que non imos consentir co noso silencio que se lexitimen condutas violentas contra as mulleres que perpetúan concepcións machistas asentadas en valores patriarcais.

O papel que teñen os concellos nesta loita común é fundamental, xa que poden actuar como ponte de conexión entre as políticas deseñadas a nivel nacional polo goberno galego e a cidadanía, e poden constituírse nun modelo de repulsa para todos os veciños e veciñas dos actos de violencia contra as mulleres, manifestando a súa total condena e proclamando a súa corresponsabilidade na prevención, persecución e denuncia dos casos de violencia machista, así como a atención ás mulleres en situación de violencia de xénero.

As cifras de denuncias e de mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto dunha maneira brutal, que aínda non podemos baixar a garda, e que se fai imprescindíbel a implicación de todas as institucións, asociacións e persoas. Sabemos que nos enfrontamos a un problema estrutural, pero este feito non pode converterse nunha escusa para non actuar.

Cómpre pois unha implicación real de todas as administracións no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación. Unha das medidas fundamentais é apoiar as mulleres para que poidan iniciar unha nova vida en liberdade e protexida dos agresores.

Neste sentido, o BNG pulará para que o Concello da Estrada cree un fondo de emerxencia, contemplando no orzamento municipal do vindeiro ano, unha partida específica para tal fin, que sirva para atender os casos de mulleres en situación de violencia de xénero do concello que de maneira urxente necesiten recursos.

Alén diso, o BNG da Estrada congratúlase que desta volta fora o Concello o que tomou a iniciativa de conmemorar esta data, e non como en anos anteriores, que tiveron que ser as forzas sociais e políticas -por exemplo o BNG- as que fixeran un chamamento ás veciñas e veciños da Estrada para repudiar colectivamente a violencia machista contra as mulleres, ante a pasividade do anterior goberno do Partido Popular. Con todo, a loita contra a violencia de xénero é responsabilidade de todos e todas, e cando unha institución pública fai un chamamento á cidadanía para secundar un acto de repulsa, as pancartas e os lemas partidistas deben ficar a un lado, porque ninguén ten a exclusiva na loita contra a violencia de xénero, que abrangue a moitos ámbitos a sociedade.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal