|
A Consellaría de Medio rural investirá 166.795 euros para a mellora de viais
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Xoves 06 de Decembro de 2007 - 14:30
A Consellaría de Medio rural investirá 166.795 euros para a mellora de viais en Couso, Toedo, Guimarei e Oca, cuxas obras se levarán a cabo ao longo do vindeiro ano
Estes investimentos formarn parte do Plan Estratéxico de Infraestruturas de Medior Rural que a Consellaría que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal, está a levar en todo Galiza, e que, no caso da Estrada destina máis de 166 mil euros para a mellora de infraestruturas, e que son un adianto do que investirá a Consellaría no noso Concello, que, recordemos, neste ano foron 4.600.000 euros, un cifra record até hoxe.
O BNG da Estrada quere destacar o grao de cumprimento que esta Consellaría en particular está a ter coa Estrada, cando o Partido Popular presidía a Xunta, o grao de investimento no noso Concello en particular, era practicamente inexistente, e tivo que ser o BNG, unha vez que se fixo cargo de varias Consellarías as que destinaran á Estrada os investimentos que tantos anos se nos negaban. |
vergoña Escrito por Visitante en 2007-12-21 09:40:56 Vergoña vos ten que dar chegar ó poder e perxudicar desa forma ó único deporte que estaba a trunfar na Estrada. Sodes uns incompetentes. |
Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |