Sábado 22 de Decembro de 2007 - 11:35
O BNG negociou co Goberno Central unha partida de 1.300.000 euros para a Variante da Estrada que ficou incorporada definitivamente aos Orzamentos do Estado para 2008 logo da aprobación onte no Congreso dos presupostos máis elevados que tivo nunca Galiza na súa historia (2.046 millóns) grazas á iniciativa negociadora do BNG e ao noso apoio a estes orzamentos.
A Variante da Estrada non contou co apoio do PP, ao votar en contra dos Orzamentos do Estado, o que supón unha "traizón a Galiza e unha traizón A Estrada", como eles adoitan dicir nos últimos días, máis preocupados por cuestións que non afectan ao noso país nin ao noso Concello, como poden ser as reprobacións a Ministros, que en solucionar os problemas dos nosos veciños e veciñas, que no caso da Estrada, a Variante é unha necesidade básica que o Partido Popular ignorou nas súas iniciativas de hoxe e tamén ignorou cando Gobernaba en Madrid.
Moi ao contrario, o BNG puxo en valor os seus deputados e Senadores nas Cortes do Estado, Francisco Rodríguez, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, para defender os intereses de Galiza, algo que por desgraza os partidos de ámbito estatal (PP e PSOE) non poden dicir o mesmo que adoitan utilizar, cando non ignorar, ao noso país como moeda cambio dentro das súas estratexias políticas. Esta posta en valor ven a demostrar o importante que é para Galiza, e por suposto para a Estrada, que o BNG acade nas próximas eleccións xerais unha maior representación nas Cortes do Estado, porque un BNG forte en Madrid significa unha Galiza forte en Madrid, e polo tanto, unha maior e mellor defensa dos intereses dos galegos e das galegas. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |