|
A Concellería de Medio Rural organiza unhas xornadas de Desenvolvemento Agrogandeiro
|
|
|
|
Calificación usuario/a:    / 0
|
|
|
|
Martes 08 de Xaneiro de 2008 - 17:34
A Concelleira de Medio Rural, Raquel López Doce, e o Delegado de Medio Rural da Xunta de Galiza, Gonzalo Constenla, veñen de presentar as primeiras Xornadas de Desenvolvemento Agrogandeiro que se celebran na Estrada, e que se levarán a cabo entre o 17 de xaneiro e o 21 de febreiro no Centro Comarcal Tabeirós-Terra de Montes.
Estas xornadas nacen froito dunha proposta que lle fixo a Concellería de Medio Rural á Consellería do ramo para levar información e formación de primeira man, xa que será impartida polos propios técnicos da Consellaría de Medio Rural, en aspectos como o Banco de Terras, o benestar animal, xestión de residuos, liñas de axuda da administración, etc (Descargar programa completo), nunha aposta decidida de ambas administracións, a local e a galega, de formar aos nosos agricultores e gandeiros. Powered by AkoComment 1.0 beta 2! |