Cabeceira
Advertisement


O BNG de A Estrada
 O BNG da Estrada
 Grupo Municipal
 Consello Local

O BNG en Internet
 Web Nacional do BNG
 Galiza Nova
 O BNG nos medios
 Máis webs do BNG

Coñece A Estrada
 Situación Xeográfica
 As súas Parroquias
 Web oficial do Concello
 Autoestrada

Seccións
A Estrada Dixital
A Indústria do Moble
Cacicadas
Comercio Local
Comunicacións e Infraestructuras
Cultura
Deporte
Facenda e Política Fiscal
Goberno Nacionalista
Internacional
Medio Ambiente
Mocidade
Muller
Novas Tecnoloxías
O Agro
O BNG da Estrada
Política Educativa
Política Lingüística
Prestige
Servizos Sociais
Urbanismo e Ordenación do Território

Nunca Máis!!!

nenosbandeira.gif

Especial Prestige!!


O teu nome en Galego!!! - Nomes en Galego

O BNG solicita que non se desmantele o servizo de Correos no rural   PDF  Imprimir  Correo 
Calificación usuario/a:starstarstarstarstar / 0
Malo Bo
Martes 22 de Xaneiro de 2008 - 18:13
O BNG ven de presentar unha moción na que solicita unha prestación eficaz do servizo postal universal no Concello da Estradal en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia, revocando, asemade, calquera medida que poida menoscabar o dereito cidadán á inviolabilidade da comunicación postal

En Galiza o servizo postal é un dos grandes medios de cohesión socioecómica, sobre todo neste medio rural espallado xeográfica e poboacionalmente e, por engadido, un dos garantes da información e a comunicación, e tamén da xestión económica a través do xiro postal; unhas positivas virtualidades que agora se están a poñer en grave risco.

Dende hai máis de dez anos, o modelo deseñado polos Gobernos do Estado para o servizo postal foi o de conquerir a longo prazo unha privatización do Servizo de Correos: externalización de servizos concretos, creación de empresas de reparto de paquetería e progresiva supresión dos postos de persoal funcionario, para transformalos en postos de persoal laboral adscritos a unha sociedade anónima, e non directamente á Administración do Estado.

Os funcionarios e funcionarias de correos xa non son corpo especial, o que pode favorecer a súa marcha: mobilidade para poder trasladarse a outras administracións. O propósito é eliminar persoal funcionario. Fanse repetidas reducións de plantilla, as xubilacións non son substituídas por novo persoal, as condicións laborais sofren un deterioro paulatino, engadidas as presións que sofren os traballadores e traballadoras; e a calidade do servizo vaise empobrecendo.

Preténdese así facer de Correos unha entidade economicamente rendíbel, fronte ao modelo de servizo público destinado a atender as necesidades cidadáns.

Esta tendencia veu provocando moito dano ao servizo e ao seu persoal, dano aínda máis notabel en Galiza, e que o noso concello está a sufrir, polas súas peculiaridades de asentamento poboacional disperso.

Neste contexto cómpre salientar a aprobación polo Goberno do Estado do Regulamento rector da prestación dos servizos postais. Mentras que coa anterior normativa establecíase a obriga de entregar correspondencia cinco días laborábeis á semana, o novo decreto reduce esa obriga, e crea os chamados “entornos especiais”, nos que se elimina a entrega domiciliaria. Nestes “entornos” a entrega dos envíos postais ordinarios realizarase a través de “buzóns individuais non domiciliarios” e de “casilleros concentrados pluridomiciliarios”. E a entrega dos envíos a través de tales buzóns será -dise- “todos os días laborabeis e, alomenos, cinco días á semana”.

Prevese, ao propio tempo, que a entidade prestadora do servizo postal universal poderá “convir cos usuarios, os concellos, así como os promotores o establecemento, situación e financiamento de instalacións apropiadas para a entrega dos envíos postais ordinarios”.

Prevese asemade que “se as vivendas ou edificacións do entorno afectado non dispuxesen das instalacións apropiadas para a entrega dos envíos postais ou estas non se atopasen en condicións de uso adecuadas, o operador universal facilitará a entrega dos envíos postais na oficina postal máis próxima, previa comunicación escrita aos destinatarios e destinatarias de dita circunstancia e do horario no que poderán ser retirados”. É dicir, se non hai buzón, a xente terá que desprazarse á oficina máis próxima.

A isto cómpre engadir que, segundo o novo regulamento, a consideración de “entornos especiais” é amplísima. Abonda con ter en conta, por exemplo, que terán esa consideración (e é un só suposto) “as vivendas illadas ou situadas en contornos cualificados como diseminados e que estean situadas a máis de 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos”.

Xa se ve, polo dito, que practicamente todo o rural galego queda baixo estas condicións. Non se esqueza que Galiza non só ten 32.000 núcleos de poboación (a metade do Estado), senón tamén máis do 50 por cento dos carteiros de España.

Atopámonos así nunha situación que é nomeadamente grave en Galiza, que minora a condición de servizo público dos correos, que non ofrece garantías de inviolabilidade da correspondencia, que obedece a criterios puramente economicistas e non de seguridade e eficacia do servizo, e que, a máis de todo iso, pode supor, de se implantar, a perda de máis de 400 postos de traballo en Galiza, cuestións que afectan sobre todo no medio rural, do que o Concello da Estrada é un claro exemplo; todo iso, por non insistir na perda de calidade, o trastorno dos usuarios e usuarias e un incumprimento do espírito da Lei.

Esta situación estámola xa a sufrir no noso concello, polo que o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego insta ao Pleno da Corporación Municipal, a adoptar o seguinte

ACORDO

  • Dirixirse ao Goberno Galego para que inste ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a garantir, sen detrimento das condicións laborais do persoal, a prestación eficaz do servizo postal universal no termo municipal en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia, revocando, asemade, calquera medida que poida menoscabar o dereito cidadán á inviolabilidade da comunicación postal.
  • Enviar o presente acordo ao Presidente e ao Vicepresidente da Xunta de Galiza, ao presidente do Goberno do Estado e á Ministra de Fomento.

Comentarios

Escreber Comentario
Nome:Visitante
Título:
Comentario:



Powered by AkoComment 1.0 beta 2!


imaxe
imaxe
lupa

Acordo PSOE-BNG
Descarga o Acordo do Co-Goberno PSOE-BNG

Vídeos
raquel_google.jpg
Visualiza os vídeos da campaña electoral

En Destaque
 A suba do IBI
 Cacicadas
 Sentencia Xudicial
 Prestige

Enquisas
Deben desaparecer do rueiro da Estrada os nomes dos fascistas?
Si
Non
  


Novo Estatuto

novo estatuto

novo estatuto

As Nosas Galerías

Preferencias
Engadir a Marcadores
Facer páxina de inicio

As últimas noticias
no teu escritorio
RSS


.: Bloque Nacionalista Galego de A Estrada - Rua Xusto Martínez, 12-1ºC - 36680 A Estrada (Galiza) - Tlf.: 986590002 :.
Desenvolvido por Mambo open source é Software Libre, licenza GNU/GPL
Aviso Legal